DÍA MUNDIAL DO ORGULLO. HOMENAXE A SEÑORITA CARMIÑA.
Maria del Carmen del Valle del Río (Cádiz 1915 – Lérez, 1998), de quen vos vou falar hoxe, ten un oco ben merecido nesta semana de actos para reafirmar e visibilizar o sentimento de orgullo sobre as orientacións sexuais e identidades de xénero tradicionalmente marxinadas e reprimidas, e vouvos contar porque.
María do Carmen, naceu en Cádiz en 1915, pero os seus pais, María del Río e o comandante francés José del Valle Gautier, finaron cando era moi noviña deixándoa ao coidado do seu tío, Don Leandro del río, crego do Mosteiro de San Salvador de Lérez onde Carmiña pasou a súa infancia e xuventude.
Alá polo ano 1960, buscando a súa independencia, cousa non moi habitual entre a maioría de mulleres do seu tempo, que preferían, ou nin sequera cuestionaban, quedar o amparo da vida familiar ou buscar a seguridade xunto a un home, deixou Lérez e alugou pola súa conta una casa en Pidre, Cerponzons. Foi así como Carmiña se converteu na nosa veciña, e todo o “mal” que fixo en Cerponzóns, e na súa vida, foi: ser “Señorita Carmiña”.
Para gañar a vida e completar a pequena pensión que lle deixara seu pai, daba clases particulares os rapaces da zona. Non tiña formación como maestra, pero sí recibira unha boa educación de seu tío crego, que sumada a boa conexión que tiña cos mais pequenos, ós que contaxiaba a súa fantasía, converteron a súa casa na escola preferida da rapazada de Cerponzóns e, se facía bo, tamén a súa eira.
Todavía hoxe, os xa non tan menos que foron os seus alumnos, lembran como descrubían o mundo debaixo dunha pereira coa súa mestra, recta nos estudos, pero sempre afable, xenerosa e agarimosa con eles.
Coa súa dedicación cos meniños e tamén as súas boas maneiras coa veciñanza, gañou a confianza tamén dos pais e maiores, pero a Srta. Carmiña non só deu que falar na aldea por ser unha boa mestra e veciña, non.
As lerias polos camiños falaban máis ben da súa extravagancia para vestir, e tamén para vivir, unhas maneiras que saían, tanto para unha cousa como para a outra, do rego marcado as mulleres daquela época.
O conto favorito entre aqueles que cada día a miraban ir e vir na súa inseparable bicicleta, co seu pelo curto arranxado por ela mesma, en pantalóns axustados, camisa e botas militares, fumando como unha carreteria e soltanto improperios pouco finos para o que se esperaba dunha muller (e seica ata de un home!), era a súa orientación sexual e o seu idilio sentimental cunha moza de Xeve.
Estar en boca de case todo aquel con que se cruzaba e esa relación amorosa, que foi máis que un conto, pero que non tivo bo final (seica a rapaza marchou para casar cun home e formar unha familia), encerrou a Carmiña na súa soidade, unha soidade elexida, pero non por iso menos inxusta nin menos dolorosa, que a mantiña afastada e protexida das faladurías crueis e na que so deixaba entrar a inocencia dos cativos e a compañía fiel de varios gatos e dos seus sete cans.
Tanto tempo se adicuo polos camiños de Cerponzóns a comentar sobre a Srta. Carmiña que o seu nome se acuñou como un calificativo aplicado a calquera muller físicamente parecida a ela ou con extravagancias para época pouco vistas en Cerponzóns.
Eu non a coñecín en persona, pois cando finou en 1998, xa había tempo que volvera a Lérez para vivir cunha curmá aqueixada da súa coxeira que se foi agravando.
Só a coñecín de oídas, oídas do tipo “ai, mira para ahí, fulanita cortou o pelo como Srta. Carmiña”, ou “citranita non topou marido e quedou para vestir santos e criar jhatos coma Srta. Carmiña”, ou “iba a escarranchapernas na bicicleta como Srta. Carmiña”, e cousas peores, pero que nos deixaron unha aprendizaxe, pois
eu daquela non entendía moi ben que era iso de ser “Srta. Carmiña” e penso que quenes o dicían tampouco o sabían. Non sabían que ser “Srta Carmiña” era ser fiel a un mesmo, era ser quen se quere ser, quen un sinte ser, sen facer dano a ninguén.
Oxalá esas persoas, que criticaban o descoñecido, o diferente, penso que desde a respectable ignorancia da época que lles touco vivir, estiveran hoxe aquí para ver que o mundo está cada vez máis cheo de “Srtas. Carmiñas”.
Oxalá pudieran ver todas as “Srtas. Carmiñas” que están hoxe en día nas pantallas, nas rúas, ¡nos camiños!, pero non criticando senon abríndoos á unhas novas xeracións cada vez máis inclusivas e diversas para as que o diferente non é malo, só é diferente, pero a súa vez igual.
Igual de bo, igual de respectable, igual de orgulloso, igual de libre!
Liliana Casás Falcón
Presidenta da AVV o Chedeiro.