RESUMEN DO ANO 2023

RESUMEN DO ANO 2023

Queridos socios e socias da AVV O Chedeiro,


Dirixímonos a vós para presentarvos o balance de actividades realizadas pola nosa asociación ao longo do ano 2023 que nos quedou pendiente de comunicarvos . Este foi un ano de intenso traballo e compromiso coa nosa comunidade, marcado pola defensa dos dereitos dos nosos veciños e veciñas, o coidado do noso entorno e a participación activa en diversas actividades culturais, sociais e ambientais.

Comezamos o ano en XANEIRO plantando un fillo do histórico carballo de Santa Margarida, símbolo da nosa terra e do noso compromiso coa natureza. Tamén celebramos o “Toque da Ilusión”, unha iniciativa que puxo en valor a nosa tradición campanaria e trouxo esperanza á nosa comunidade. Participamos en concentracións a favor da sanidade pública, tanto ás portas da Xunta de Galicia como na Praza da Peregrina, nunha firme defensa dos nosos dereitos sanitarios. Asemade, involucrámonos no proxecto “A Nosa Auga”, unha produción documental que busca preservar o noso patrimonio hídrico.


En FEBREIRO continuamos a loita pola sanidade pública coa participación en manifestacións e mantivemos reunións con representantes de diferentes entidades políticas. Ademais, colaboramos no Entroido coa Asociación Cultural e Deportiva Chan do Monte, fortalecendo os lazos coa nosa cultura.


MARZO foi un mes de diálogo coas administracións locais, onde tratamos temas como a nova Lei de Residuos e os problemas co transporte público. Ademais, rendemos homenaxe á nosa veciña Irene Fernández, exemplo de compromiso co benestar da comunidade, e asistimos a diferentes actos culturais e ambientais.


Chegou ABRIL co comezo do curso de Psicometría e máis denuncias sobre a incorrecta xestión dos residuos. Tamén participamos no evento “Proponte” no Teatro Principal, subliñando o noso compromiso coa innovación no terceiro sector, e seguimos con concentracións a prol da sanidade pública.


O mes de  MAIO estivo marcado polo lanzamento do documental “A Nosa Auga” e a repartición dunha revista informativa sobre as traídas de auga. Tamén organizamos actos conmemorativos como a homenaxe a Nino Bravo e colaboramos en diversos eventos culturais, como o concurso “Bótalle un Conto” e programas da TVG, destacando a importancia da nosa lingua e cultura.


En XUÑO celebramos o Día de Corpus acompañados dos gaiteiros e dos nenos e nenas que celebraban a súa primeira comuñón. Destacamos pola nosa participación en iniciativas como o concurso de espantallos, no que acadamos grandes éxitos. Non faltaron as actividades tradicionais como a Andaina para recoller as Herbas de San Xoán.


Durante o verán, en XULLO AGOSTO continuamos co mantemento e mellora do noso entorno, realizando o control dos traballos de limpeza e poda en diversas zonas da parroquia, así como revisando as instalacións das luces LED para mellorar a seguridade vial. Tamén entregamos o “Libro do Patrimonio” a diferentes figuras e representantes políticos, promovendo o recoñecemento do noso legado cultural.


En SETEMBRO OUTUBRO estivemos atentos ás necesidades da veciñanza, coidando o mantemento do alumeado, dos sinais de tráfico e coordinando as reparacións necesarias nas infraestruturas locais. Realizamos visitas ás autoridades competentes, como Viaqua e Carreteras de Galicia, para tratar problemas de alcantarillado e outras incidencias que afectan á nosa comunidade. Ademais, celebramos un obradoiro sobre os palcos de música, buscando poñer en valor este elemento tan emblemático da nosa cultura.


NOVEMBRO foi un mes de xestións intensas. Colaboramos coa colocación de fibra óptica no Centro Social, xestionamos a colocación de novos contedores e avisamos sobre as deficiencias nos sinais de tráfico. Reforzamos a nosa relación coas autoridades locais para garantir que as nosas demandas sexan escoitadas e resoltas de maneira efectiva.


Finalmente, en DECEMBRO celebramos a nosa asemblea de veciños e veciñas, onde fixemos un balance do ano 2022 e planificamos novas accións para o 2024. Continuamos co noso traballo en prol do benestar da parroquia, desde a denuncia de contedores en mal estado ata a xestión de problemas coa rede telefónica. Ademais, organizamos unha nova andaina para identificar os viais que precisan reparacións, garantindo así un entorno máis seguro para todos.


Este ano de novo foi testemuña do noso compromiso coa defensa dos intereses da nosa comunidade, do coidado do medio ambiente e da preservación das nosas tradicións. Queremos agradecer o apoio e a participación de todos os socios e socias que fixeron posible este intenso ano de traballo. Sen vós, nada disto sería posible.


O noso desexo é que estés seguintes anos continúen sendo anos de progreso, colaboración e, sobre todo, de orgullo por todo o que estamos a construír xuntos. 


Moitas grazas pola vosa implicación e apoio.


Atentamente,  

A Xunta Directiva da AVV O Chedeiro

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *