PALOMA CASTRO ESIXELLE A XUNTA UN BUS DIGNO

 

19/12/2024

O GRUPO SOCIALISTA LEVOU HOXE AO PARLAMENTO UNHA INICIATIVA PARA RECLAMARLLE Á XUNTA QUE GARANTA UN SERVIZO DE BUS DIGNO NA LIÑA 4 DE PONTEVEDRA, QUE REMATA NA PARROQUIA DE CERPONZÓNS

 

A parlamentaria socialista Paloma Castro presentou unha pregunta oral na Comisión de Ordenación Territorial que se celebrou hoxe xoves, para reclamarlle á Xunta que garanta que o bus que cubre a liña 4 de Pontevedra, que remata na parroquia de Cerponzóns, teña unhas condicións mínimas de accesibilidade e número de prazas.

Paloma Castro esíxelle á Xunta un bus “digno e de calidade nas mesmas condicións que o resto de Galicia” para a Liña 4 de Pontevedra a Cerponzóns

Aféalle ao goberno galego que permita que a liña estea cuberta por un vehículo particular de 7 prazas sen rotular

 

A deputada do Grupo Socialista Paloma Castro esixiulle á Xunta que garanta un bus “digno e de calidade, nas mesmas condicións que o resto e Galicia” na liña 4 de Pontevedra a Cerponzóns. A responsable socialista presentou unha pregunta oral na Comisión de Obras Públicas do Parlamento polas denuncias dos usuarios desta liña que é cuberta por un vehículo particular sen rotular de 7 prazas que non é accesible.

 

A parlamentaria pontevedresa criticou a falla de interese do goberno galego para vixiar que a concesionaria cumpra coas condicións do servizo para uns veciños e veciñas que levaban 25 anos reivindicando, xa que antes remataba na parroquia de Alba. Castro sinalou que os usuarios e usuarias levan máis dun mes presentando reclamacións polo servizo nun traxecto que agora chega ata Cerponzóns, incluíndo 3 paradas nos núcleos de Pidre, A Rons e Tilve.

 

Reclamoulle ao goberno galego a que tome medidas correctoras na prestación deste servizo diante do que é unha “clara discriminación dos veciños e veciñas desta parroquia”, que merecen o mesmo trato que o resto de Galicia.

 

Castro advertiu que esta situación está a provocar situacións “surrealistas”, con veciñas que non se atreven a acceder ao vehículo diante da desconfianza que provoca que non estea rotulado, ou unha muller con mobilidade reducida que tivo que ser elevada “a pulso”, e despois ocupaba varias prazas co seu dispositivo de apoio porque o vehículo non era accesible.

No transcurso do debate, según nos comentou Paloma Castro, a Dirección Xeral recoñoceu que a concesionaria incumprira o contrato.

A Dirección Xeral iniciu un procedemento sancionador.

Garantizando que non ía volver a pasar.

2 comentarios en “PALOMA CASTRO ESIXELLE A XUNTA UN BUS DIGNO”

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *