DÍA DAS LETRAS GALEGAS

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Día das Letras Galegas 2025 – Asociación de Veciños O Chedeiro


Hoxe é un día grande para Galicia. Celebramos o Día das Letras Galegas, esa data que cada 17 de maio nos convida a mirar cara ao noso pasado, a recoñecer o presente e a soñar cun futuro onde a nosa lingua siga viva, forte e orgullosa. Pero para nós, na Asociación de Veciños O Chedeiro, esta celebración non se limita a un só día no calendario: celebrámola todos os días do ano.


Si, porque para nós, o galego non é só un idioma. É un xeito de vivir, de sentir, de conectar co que somos. Por iso, ao longo dos anos, vimos demostrando con feitos o noso compromiso coa nosa lingua e cultura: con traballos colectivos, eventos culturais, exposicións, inauguracións de monumentos, comunicados e moito máis, sempre coa palabra galega como bandeira.


Cerponzóns é terra de xente que cre no valor da nosa identidade. E por iso, hoxe, desde O Chedeiro,  queremos anunciar que temos previstos varios eventos ao longo deste ano, nos que o galego será protagonista indiscutible. Serán ocasións para celebrar, para compartir, para seguir facendo comunidade arredor do noso idioma.


Animamos a todas e todos a usalo, a falalo con naturalidade e orgullo, a transmitilo ás novas xeracións. Porque falar galego é tamén un acto de amor, de resistencia, de futuro. Non deixemos que se esvaeza o que nos fai únicos. Facémolo cada día, e hoxe máis ca nunca, berramos con forza:


“En galego, agora e sempre”


Viva a lingua galega! Viva Cerponzóns! Viva Galicia!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *