POLO FIN DO XENOCIDIO

POR UNHA PAZ XUSTA

14 de xuño: Pontevedra ergue a voz por Palestina

Convocatoria cidadá pola Paz, contra o xenocidio e o terror

 

Na reunión celebrada hoxe na sede da FFVV Castelao, organizada pola plataforma Parar a Guerra, representantes das entidades convocantes trasladaron o espírito e os obxectivos do acto que se celebrará o sábado 14 de xuño en Pontevedra.

👉 Están convocadas máis de 150 asociacións de Pontevedra, nunha mobilización sen precedentes, unidas polo mesmo clamor: o fin do xenocidio en Palestina.

👉 Convidáronse todos os partidos políticos, agás aqueles que sosteñen discursos de odio e exclusión como Vox. Con todo, ningún partido político terá protagonismo no acto. Non haberá discursos de representantes políticos. Este é un acto da sociedade civil, apartidario, unitario, e con só unha bandeira presente: a de Palestina.

👉 A música terá un papel destacado. Soarán cancións que conmoven e que chaman á conciencia. Un dos momentos máis emotivos será cando todos  xuntos cantemos “Sólo le pido a Dios”, un himno contra a indiferenza, contra a violencia, contra a inxustiza.

Non queremos permanecer impasibles.

Reclamamos:

🕊️ O fin inmediato do xenocidio do pobo palestino

🕊️ A condena de todo tipo de terrorismo, tamén o de Hamás

🕊️ O respecto ao dereito internacional, aos dereitos humanos e á vida

Sabemos que temos diferenzas. Pero as nosas diferenzas non nos poden separar fronte a un horror que nos interpela a todas. Agora, máis que nunca, é tempo de unidade, de dignidade e de acción.

📣 O sábado 14 de xuño, ás 12:00 h, na Praza da Ferrería, tes unha cita coa solidariedade.

Non faltes. Porque o silencio tamén mata.

#PontevedraConPalestina

#FinDoXenocidio

 

#AVVOChedeiro

#SóloLePidoADios

 

 

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *