TRIATLÓN PONTEVEDRA (20-29 XUÑO)
🔊 COMUNICADO INFORMATIVO – Asociación de Veciños O Chedeiro
En relación cos Campionatos do Mundo de Tríatlon Multideporte Pontevedra 2025, dende a Asociación de Veciños O Chedeiro queremos informarvos dos días e horarios nos que a estrada N-550 estará cortada, afectando directamente ao acceso e saída da nosa parroquia:
1️⃣ Os días máis afectados polos cortes da N‑550 serán:
- Sábado 21 de xuño
- Domingo 22 de xuño
- Domingo 29 de xuño
2️⃣ Sábado 21: a N‑550 estará pechada de 07:00 a 11:30 h
3️⃣ Domingo 22: pechada de 07:00 a 14:00 h
4️⃣ Domingo 29: pechada de 07:00 a 21:30 h
➡️ Segundo nos informaron hoxe, existe a posibilidade de que se abra unhas horas antes. Avisarémosvos neste grupo tan pronto como o confirmen.
5️⃣ Para calquera dúbida urxente, podedes chamar ao teléfono de emerxencias: 986 833 080
6️⃣ Se queredes facer calquera consulta relacionada co que vos poida afectar, xa podedes chamar a ese número.
📞 Se non vos contestan no momento, quedará rexistrada a chamada e devolveránvola en canto lles sexa posible.
🙏 Grazas pola vosa comprensión e colaboración nestes días de afección. Dende a asociación manterémosvos informados/as de calquera novidade.
🟡 Asociación de Veciños O Chedeiro – Cerponzóns

