¿PARA QUE SERVE A ASOCIACIÓN DE VECIÑOS?

Ás veces pregúntannos algúns veciños que para que serve estar na Asociación de Veciños, a nosa resposta, é inmediata, concisa e concreta, ¡para defender os teus intereses! ¡Para reivindicar melloras para a parroquia, para defender os teus dereitos, a túa calidade de vida e a da túa familia! 

Ademáis, que o facemos un grupo de veciñas e veciños concienciados, con inquietudes solidarias, que dedicamos o noso tempo, traballando voluntariamente, con ilusión, esforzo, de xeito altruísta.

Desde a nosa Asociación en estes últimos anos as nosas reivindicacións ampliaron un abanico que abarcou multitude de áreas : Transporte, Medio Ambiente, Sanidade, Seguridade, Patrimonio…Grazas ás nosas achegas e peticións estamos orgullosos das melloras conseguidas, pero queda moito por facer, por iso seguimos día a día realizando a nosa actividade para mellorar e transformar a nosa parroquia.

As reivindicacións e as actividades, contribúen a crear identidade de parroquia, para que os veciños esteamos cada día máis orgullosos de vivir nela, de que os nosos fillos queiran seguir vivindo nun lugar milenario, e de moitas máis cousas que contribúen a unha mellor convivencia, todo isto, sen a Asociación de Veciños, non sería posible, a súa transformación sería  moi diferente, a parroquia sería bastante peor, careceriamos de moitas cousas, sería, sen dúbida, unha parroquia sen historia, sen atractivo, unha máis de tantas.

E isto é grazas a 40 anos de loita, de traballo, de horas e horas de reunións, de peticións, de momentos de alegría e doutros de tristeza por non lograr o que queriamos. 40 anos de Asociación de Veciños , aí é nada.

A Asociación de Veciños, somos moi necesaria e imprescindible para poder transformar a nosa parroquia. Os veciños e a Asociación, temos que ser os verdadeiros actores e protagonistas da mellora de Cerponzóns, os veciños non debemos nin podemos deixar que os poderes públicos, os políticos, sexan os que soamente tomen as decisións. A participación Cidadá é un dereito e unha obrigación, canto maior sexa a participación dos veciños nos asuntos públicos, mellor defenderemos os nosos dereitos e máis avanzaremos en mellorar e transformar a nosa querida parroquia de Cerponzóns.
Pero para iso, necesitamos socios, cantos máis mellor, unha asociación onde haxa unha gran maioría de veciños asociados é un valor incalculable, xuntos somos máis fortes, máis unidos e máis comprometidos.

A participación cidadá de xeito organizado ,é un dereito, e moi necesaria, porque a democracia, é verdadeira cando a exercemos e desde ela controlamos aos poderes públicos que únicamente represéntannos pero nunca nos deben suplantar.

1983

COMO ASOCIARSE

Chamando ao teléfono da Asociación de Veciños O CHEDEIRO : 628 387 430
Contacto : aavv.chedeiro.cerponzons@gmail.com

Por transferencia ao número de conta bancaria da Asociación.

Directiva :
Presidenta : Liliana Casás 
Vicepresidenta : Ángeles Tourón 
Secretario : Juan José Esperon 
Tesorera : Myriam Vieitez
Vocal : Merchy Vieitez
Vocal : Catalina Romero