FFVV CASTELAO / COGAVE

 

PREMIOS COGAVE

 

A Confederación Galega de Asociacións Veciñais “Rosalía De Castro” CoGaVe, que aglutina as principais Federacións de Asociacións Veciñais de Galicia e un total de, aproximadamente, 500 asociacións, anuncia a celebración da VIII edición dos seus Premios “Crer non Movemento Veciñal”, fechada para o próximo 28 de novembro de 2021, domingo, na cidade de Lugo.

 

Desde a primeira edición destes premios, no ano 2013, foron numerosas as persoas e entidades recoñecidas a nivel autonómico polas seguintes federacións veciñais que compoñen COGAVE:

 

Federación de Asociacións Veciñais“Lucus Augusti” da provincia de Lugo

Federación de Asociacións Veciñais“Limiar” da provincia de Ourense.

Federación de Asociacións Veciñais de A Coruña e Área Metropolitana.

Federación de Asociacións Veciñais“Roi Xordo” de Ferrol.

Federación de Asociacións Veciñais“Castelao” de Pontevedra.

Federación de Asociacións Veciñais“O Facho” de Cangas do Morrazo.

Federación de Asociacións Veciñais“Eduardo Chao” de Vigo.

 

Con respecto á Federación de Asociacións Veciñais “Castelao” de Pontevedra, na cal está integrada a Asociación de Veciños O Chedeiro de Cerponzóns, foron recoñecidos co Premio CoGaVe :

 

1-O Concello de Pontevedra. (2013)

2-A Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia. (2013)

3-Albergue Calor e Café de Pontevedra. (2014)

4-Dña. Leonor González Prieto. (2014)

5-Dña.Carmen Avendaño. (2015)

6-Ilustre Colexio de Avogados de Pontevedra. (2015)

7-D. José Patricio Recamán. (2015)

8-Programa de Radio Pontevedra “La Opinión”. (2016)

9-Colectivo ecoloxista Vaipolorío. (2017)

10-O escritor e profesor D. Carlos Solla (Calros Solla). (2017)

11- Asc. Sociocultural Cedofeita. (2018)

12- D. Verísimo Pazos Besada. (2018)

13- Comunidade de Montes En Man Común De Salcedo. (2019)

14- O cociñeiro Pepe Solla (2021)

15- A AECC de Pontevedra (2021)