Pontevedraviva :
Por Redacción
hai unha hora
A Consellería do Medio Rural permitirá de novo desde este mércores, día 19 de outubro, tramitar permisos para facer queimas de acordo coa normativa de aplicación, debido a que as condicións meteorolóxicas así o permiten.
Isto significa que o día 22, venres, será o primeiro día para realizar queimas previamente comunicadas.
Polo tanto, a partir do mércores ás 00.00 horas poderanse realizar as comunicacións e solicitudes de autorización de queimas a través da web do Medio Rural. Ademais, en días laborables, tamén estará a disposición dos cidadáns o teléfono 012 para comunicar as queimas.
Así, os cidadáns que desexen queimar restos agrícolas amoreados nas zonas que determina a devandita lei nos períodos habilitados deberán comunicalo dous días antes.
No caso de queimas de restos forestais, deberase solicitar unha autorización debido ao risco da actuación, sendo maior o proceso de tramitación. En todo caso, as autorizacións e comunicacións deixan de ter validez nos días que hai vento e altas temperaturas.