ochedeiro

AGRADECEMENTO O REY FELIPE VI

 

 

Estimadas veciñas e veciños, socias e socios de O Chedeiro de Cerponzóns,

 

Hoxe, Día Internacional do Agradecemento, queremos compartir con todas e todos vós unhas palabras que nos encheron de orgullo e que nos lembran o valor do esforzo colectivo e a importancia da solidariedade.  

 

Hai uns días, enviamos un escrito a diversos concellos afectados pola DANA na Comunidade Valenciana e noutras rexións, expresando o noso apoio, a nosa solidariedade e a nosa esperanza. Este acto, que fixemos con humildade pero tamén con determinación, chegou máis lonxe do que poderiamos imaxinar, pois foi recoñecido pola Casa de S.M. o Rei.  

 

Compartimos a continuación a carta que recibimos do Secretario do Rei, que nos honra e que queremos dedicar a todos vós, os membros desta asociación, porque cada pequeno xesto suma e constrúe:  

 

Muy señor mío:

 

Me complace acusar recibo al correo electrónico que dirigió a Su Majestad el Rey el pasado 23 de diciembre, en el que tiene la amabilidad de remitirle copia del escrito que han remitido a varios ayuntamientos afectados por la DANA en la Comunidad Valenciana y otras regiones, con el objeto de expresarles su cercanía, solidaridad y esperanza.  

 

Su Majestad me encarga que, en Su nombre, le agradezca esta información, así como esta iniciativa, y le envíe un cordial saludo, que desea haga extensivo a todos los componentes de la asociación, lo que cumplo con el mayor agrado.  

 

Atentamente,  

 

Cristóbal Moreno

Jefe de la Secretaría de Despacho  

Casa de S.M. el Rey  

Palacio de La Zarzuela  

28071 Madrid  

 

X ANIVERSARIO

Servicio, compromiso y deber  

 

NOTA DA AVV O CHEDEIRO.

Con esta carta queremos agradecer a todas e todos os membros da Asociación de Veciños O Chedeiro dé Cerponzóns, tamén os veciños e veciñas que non están asociados o Chedeiro, polo voso compromiso e espírito solidario, que fan desta comunidade un exemplo de unión e colaboración.  

 

Unha forte aperta a todos neste día especial.  

 

A Xunta Directiva

Asociación de Veciños O Chedeiro dé Cerponzóns

 

 

CARTA ENVIADA

 

Unidos en la tristeza, la solidaridad y la esperanza

 

Las próximas fiestas navideñas se acercan, pero este año, para muchas familias de Valencia y otras comunidades afectadas por la devastadora DANA, serán fechas marcadas por el dolor, la incertidumbre y la reconstrucción. Ochenta y cuatro municipios en Valencia han sufrido las consecuencias de esta tragedia, dejando a su paso pérdidas irreparables y un sinfín de corazones rotos.  

 

Desde la Asociación de Veciños O Chedeiro de la parroquia de Cerponzóns (Pontevedra), queremos enviar nuestro más sincero abrazo de solidaridad y cariño a todas las personas que están enfrentando momentos tan duros. No podemos imaginar el sufrimiento que conlleva perder un ser querido, un hogar, o los recuerdos de toda una vida. Sin embargo, sí podemos asegurarles que no están solos en este camino.  

 

En nuestra parroquia, el pasado 4 de noviembre realizamos una recogida solidaria de alimentos, agua, leche, ropa y otros artículos esenciales, para enviarlos a Valencia. Fue un pequeño gesto, un grano de arena, pero cargado del amor y el compromiso de nuestros vecinos.  

 

Ahora, en estas fechas tan especiales, queremos enviar un mensaje de aliento y esperanza a todas las personas afectadas. A quienes lloran la pérdida de un ser querido, a quienes ven su hogar devastado o enfrentan la incertidumbre del futuro, les decimos: no pierdan la fe. Juntos, con el esfuerzo y el apoyo de muchos, podrán salir adelante.  

 

Desde Cerponzóns, deseamos que este mensaje llegue como una ola de solidaridad y cariño. Queremos que sientan que, aunque estamos lejos, pensamos en ustedes y les enviamos toda nuestra fuerza. Las palabras no pueden reparar lo perdido, pero sí pueden reconfortar un corazón herido.  

 

Les enviamos una felicitación navideña llena de afecto y esperanza. Que este mensaje sea un rayo de luz en estos momentos oscuros y una muestra de que, incluso en las peores adversidades, la bondad y la unión prevalecen.  

 

Con todo nuestro cariño,  

Asociación de Veciños O Chedeiro

Lugar de Leborei, nº 22, C.P. 36152

Cerponzóns, Pontevedra

AGRADECEMENTO O REY FELIPE VI Leer más »

PALOMA CASTRO ESIXELLE A XUNTA UN BUS DIGNO

 

19/12/2024

O GRUPO SOCIALISTA LEVOU HOXE AO PARLAMENTO UNHA INICIATIVA PARA RECLAMARLLE Á XUNTA QUE GARANTA UN SERVIZO DE BUS DIGNO NA LIÑA 4 DE PONTEVEDRA, QUE REMATA NA PARROQUIA DE CERPONZÓNS

 

A parlamentaria socialista Paloma Castro presentou unha pregunta oral na Comisión de Ordenación Territorial que se celebrou hoxe xoves, para reclamarlle á Xunta que garanta que o bus que cubre a liña 4 de Pontevedra, que remata na parroquia de Cerponzóns, teña unhas condicións mínimas de accesibilidade e número de prazas.

Paloma Castro esíxelle á Xunta un bus “digno e de calidade nas mesmas condicións que o resto de Galicia” para a Liña 4 de Pontevedra a Cerponzóns

Aféalle ao goberno galego que permita que a liña estea cuberta por un vehículo particular de 7 prazas sen rotular

 

A deputada do Grupo Socialista Paloma Castro esixiulle á Xunta que garanta un bus “digno e de calidade, nas mesmas condicións que o resto e Galicia” na liña 4 de Pontevedra a Cerponzóns. A responsable socialista presentou unha pregunta oral na Comisión de Obras Públicas do Parlamento polas denuncias dos usuarios desta liña que é cuberta por un vehículo particular sen rotular de 7 prazas que non é accesible.

 

A parlamentaria pontevedresa criticou a falla de interese do goberno galego para vixiar que a concesionaria cumpra coas condicións do servizo para uns veciños e veciñas que levaban 25 anos reivindicando, xa que antes remataba na parroquia de Alba. Castro sinalou que os usuarios e usuarias levan máis dun mes presentando reclamacións polo servizo nun traxecto que agora chega ata Cerponzóns, incluíndo 3 paradas nos núcleos de Pidre, A Rons e Tilve.

 

Reclamoulle ao goberno galego a que tome medidas correctoras na prestación deste servizo diante do que é unha “clara discriminación dos veciños e veciñas desta parroquia”, que merecen o mesmo trato que o resto de Galicia.

 

Castro advertiu que esta situación está a provocar situacións “surrealistas”, con veciñas que non se atreven a acceder ao vehículo diante da desconfianza que provoca que non estea rotulado, ou unha muller con mobilidade reducida que tivo que ser elevada “a pulso”, e despois ocupaba varias prazas co seu dispositivo de apoio porque o vehículo non era accesible.

No transcurso do debate, según nos comentou Paloma Castro, a Dirección Xeral recoñoceu que a concesionaria incumprira o contrato.

A Dirección Xeral iniciu un procedemento sancionador.

Garantizando que non ía volver a pasar.

PALOMA CASTRO ESIXELLE A XUNTA UN BUS DIGNO Leer más »

DENUNCIA PÚBLICA

 

DENUNCIA PÚBLICA

 

Desde a “Asociación de Veciños O Chedeiro” queremos expresar a nosa profunda indignación ante un acto de irresponsabilidade que afecta á nosa contorna natural. Nos últimos días, atopouse no Río Costa unha considerable cantidade de residuos, incluíndo alambre e varias bolsas de plástico. Este tipo de accións non só prexudican gravemente o medio ambiente, senón que tamén afectan a toda a comunidade.  

 

Facemos un chamamento ao sentido común e á colaboración veciñal. Se alguén ten información sobre a persoa ou persoas responsables deste feito, pedímoslle que se poña en contacto con nós por privado para facilitar os datos.  

 

Agradecemos a implicación de todos e todas para protexer o noso entorno e garantir o respecto pola natureza e polos demais. Xuntos podemos construír unha comunidade máis limpa e solidaria.  

 

Asociación de Veciños O Chedeiro

Situación: Lugar de Pidre

DENUNCIA PÚBLICA Leer más »

MANIFESTO 25N

Manifesto de O Chedeiro polo 25N

 

Desde a Asociación de Veciños O Chedeiro queremos alzar a nosa voz neste 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, para manifestar a nosa máis enérxica condena contra calquera forma de violencia machista.  

 

Na nosa asociación non hai espazo para aqueles que exercen maltrato, abuso ou discriminación contra as mulleres. Rexeitamos de maneira contundente todas as violencias que sofren as mulleres, xa sexa física, psicolóxica, sexual, económica ou simbólica. Non podemos nin queremos ser cómplices dun sistema que perpetúa o sufrimento e a desigualdade.  

 

Expresamos a nosa solidariedade absoluta coas vítimas desta lacra, mulleres que moitas veces sofren en silencio, co medo como compañeiro e a indiferenza da sociedade como barreira. Para elas, queremos dicir alto e claro: non estades soas.  

 

Reafirmamos o noso compromiso como comunidade activa na loita pola igualdade e contra o machismo. A educación, a sororidade e a implicación de todos os veciños e veciñas son ferramentas fundamentais para erradicar esta inxustiza estrutural.  

 

Este 25N, chamamos a toda a sociedade a non mirar cara outro lado. Que a nosa rabia se convirta en acción, e que o silencio cómplice deixe de ser unha opción. As mulleres merecen vivir libres, seguras e respectadas.  

 

Nin unha menos. Nin un paso atrás.

 

Asdo.:  

A Asociación de Veciños O Chedeiro  

MANIFESTO 25N Leer más »

HOMENAXE PÓSTUMA A JUAN MARTÍNEZ FERNÁNDEZ

Queridos veciños, 

Queremos invitarte a acompañarnos no acto de homenaxe póstuma a Juan Martínez Fernández, que terá lugar este domingo ás 12:00 da mañá no Centro Social.  Será un momento especial para lembrar e honrar a súa memoria, rodeados de persoas que tamén o apreciaban. A vosa presenza sería moi significativa para todos nós, e estou seguro de que tamén vos resultará reconfortante participar deste acto tan sentido.  

Esperamos que poidades vir. Para nos sería importante contar con todos neste día.  

Unha forte aperta,  

A Directiva da Asociación de Veciños O Chedeiro.

HOMENAXE PÓSTUMA A JUAN MARTÍNEZ FERNÁNDEZ Leer más »

CONVOCATORIA ASAMBLEA XERAL ORDINARIA

ROGAMOS ASISTENCIA.

Convocatoria para a Asemblea Xeral da Asociación de Veciños/as O Chedeiro


Estimados socios e socias,  


Dirixímonos a vós coa máxima seriedade para lembrarvos a importancia de asistir á próxima asemblea xeral que terá lugar o día “30 de novembro”, ás 18:30 horas no Centro Social.


A participación activa dos socios e socias é fundamental para que esta asociación siga adiante. Representamos a voz de todos os veciños e veciñas ante as institucións, e esa responsabilidade non pode recaer só nun pequeno grupo. Se non actuamos xuntos, quen nos defenderá mañá? Preferides que a asociación desapareza por falta de apoio?


Sabemos que os compromisos cotiáns poden dificultar a asistencia, pero pedimos que fagades ese pequeno esforzo. Se non podedes vir, animade a outro membro da vosa familia a acudir no voso lugar. Este é un asunto que nos afecta a todos, tanto ás xeracións actuais como ás futuras.  


Necesitamos que os máis novos tamén estean presentes. Algún día serán eles os que collan o relevo, e para iso deben comezar a implicarse agora. A falta de participación será a razón pola que esta asociación poida deixar de existir, e coa súa desaparición perderemos unha ferramenta clave para defender os nosos dereitos como comunidade.  


Este día, máis ca nunca, a directiva necesita o voso apoio. Non permitamos que a indiferenza poña en risco o futuro de O Chedeiro. Contamos con todos vós para seguir construíndo unha asociación forte, unida e representativa.  


Vémonos o día 30. Fagamos valer a nosa voz.


Un saúdo,  

A Directiva de O Chedeiro

CONVOCATORIA ASAMBLEA XERAL ORDINARIA Leer más »

RESUMEN DO ANO 2023

RESUMEN DO ANO 2023

Queridos socios e socias da AVV O Chedeiro,


Dirixímonos a vós para presentarvos o balance de actividades realizadas pola nosa asociación ao longo do ano 2023 que nos quedou pendiente de comunicarvos . Este foi un ano de intenso traballo e compromiso coa nosa comunidade, marcado pola defensa dos dereitos dos nosos veciños e veciñas, o coidado do noso entorno e a participación activa en diversas actividades culturais, sociais e ambientais.

Comezamos o ano en XANEIRO plantando un fillo do histórico carballo de Santa Margarida, símbolo da nosa terra e do noso compromiso coa natureza. Tamén celebramos o “Toque da Ilusión”, unha iniciativa que puxo en valor a nosa tradición campanaria e trouxo esperanza á nosa comunidade. Participamos en concentracións a favor da sanidade pública, tanto ás portas da Xunta de Galicia como na Praza da Peregrina, nunha firme defensa dos nosos dereitos sanitarios. Asemade, involucrámonos no proxecto “A Nosa Auga”, unha produción documental que busca preservar o noso patrimonio hídrico.


En FEBREIRO continuamos a loita pola sanidade pública coa participación en manifestacións e mantivemos reunións con representantes de diferentes entidades políticas. Ademais, colaboramos no Entroido coa Asociación Cultural e Deportiva Chan do Monte, fortalecendo os lazos coa nosa cultura.


MARZO foi un mes de diálogo coas administracións locais, onde tratamos temas como a nova Lei de Residuos e os problemas co transporte público. Ademais, rendemos homenaxe á nosa veciña Irene Fernández, exemplo de compromiso co benestar da comunidade, e asistimos a diferentes actos culturais e ambientais.


Chegou ABRIL co comezo do curso de Psicometría e máis denuncias sobre a incorrecta xestión dos residuos. Tamén participamos no evento “Proponte” no Teatro Principal, subliñando o noso compromiso coa innovación no terceiro sector, e seguimos con concentracións a prol da sanidade pública.


O mes de  MAIO estivo marcado polo lanzamento do documental “A Nosa Auga” e a repartición dunha revista informativa sobre as traídas de auga. Tamén organizamos actos conmemorativos como a homenaxe a Nino Bravo e colaboramos en diversos eventos culturais, como o concurso “Bótalle un Conto” e programas da TVG, destacando a importancia da nosa lingua e cultura.


En XUÑO celebramos o Día de Corpus acompañados dos gaiteiros e dos nenos e nenas que celebraban a súa primeira comuñón. Destacamos pola nosa participación en iniciativas como o concurso de espantallos, no que acadamos grandes éxitos. Non faltaron as actividades tradicionais como a Andaina para recoller as Herbas de San Xoán.


Durante o verán, en XULLO AGOSTO continuamos co mantemento e mellora do noso entorno, realizando o control dos traballos de limpeza e poda en diversas zonas da parroquia, así como revisando as instalacións das luces LED para mellorar a seguridade vial. Tamén entregamos o “Libro do Patrimonio” a diferentes figuras e representantes políticos, promovendo o recoñecemento do noso legado cultural.


En SETEMBRO OUTUBRO estivemos atentos ás necesidades da veciñanza, coidando o mantemento do alumeado, dos sinais de tráfico e coordinando as reparacións necesarias nas infraestruturas locais. Realizamos visitas ás autoridades competentes, como Viaqua e Carreteras de Galicia, para tratar problemas de alcantarillado e outras incidencias que afectan á nosa comunidade. Ademais, celebramos un obradoiro sobre os palcos de música, buscando poñer en valor este elemento tan emblemático da nosa cultura.


NOVEMBRO foi un mes de xestións intensas. Colaboramos coa colocación de fibra óptica no Centro Social, xestionamos a colocación de novos contedores e avisamos sobre as deficiencias nos sinais de tráfico. Reforzamos a nosa relación coas autoridades locais para garantir que as nosas demandas sexan escoitadas e resoltas de maneira efectiva.


Finalmente, en DECEMBRO celebramos a nosa asemblea de veciños e veciñas, onde fixemos un balance do ano 2022 e planificamos novas accións para o 2024. Continuamos co noso traballo en prol do benestar da parroquia, desde a denuncia de contedores en mal estado ata a xestión de problemas coa rede telefónica. Ademais, organizamos unha nova andaina para identificar os viais que precisan reparacións, garantindo así un entorno máis seguro para todos.


Este ano de novo foi testemuña do noso compromiso coa defensa dos intereses da nosa comunidade, do coidado do medio ambiente e da preservación das nosas tradicións. Queremos agradecer o apoio e a participación de todos os socios e socias que fixeron posible este intenso ano de traballo. Sen vós, nada disto sería posible.


O noso desexo é que estés seguintes anos continúen sendo anos de progreso, colaboración e, sobre todo, de orgullo por todo o que estamos a construír xuntos. 


Moitas grazas pola vosa implicación e apoio.


Atentamente,  

A Xunta Directiva da AVV O Chedeiro

RESUMEN DO ANO 2023 Leer más »

REUNIÓN CO ALCALDE

AVV O CHEDEIRO CO ALCALDE

A Asociación de Veciños O Chedeiro mantivo onte unha reunión co Alcalde de Pontevedra e a Concelleira do Rural.

Onte tivo lugar no Excm. Concello de Pontevedra, unha reunión entre a Asociación de Veciños O Chedeiro de Cerponzóns e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, acompañado pola concelleira Mª Xosé Abilleira Novo. En representación da asociación acudiron a presidenta, Liliana Casás, a vicepresidenta, Ángeles Tourón, e o secretario, Juan José Esperón.

A xuntanza comezou coa felicitación dos membros da asociación ao alcalde polos seus 25 anos á fronte do Concello de Pontevedra, aproveitando tamén para lembrar que a Asociación de Veciños O Chedeiro cumpre este ano o seu 44º aniversario.

A continuación, tratáronse varios temas de interese para a asociación, como o avance do proxecto de alcantarillado, no que se anunciou o inminente enganche das vivendas á rede de saneamento este mesmo mes, así como a seguridade viaria e os problemas de tráfico no lugar de Leborei, onde se colocarán novas sinalizacións nos próximos días.

Porén, os dous temas principais tratados na reunión foron, por unha banda, a solicitude de traspaso do tramo antigo da N-550 situado en Tilve, onde se atopa a Ponte Malvar (do século XVIII), e por outra, a recuperación dos terreos do antigo vertedoiro de O Rapadiño. A asociación demanda que este espazo se transforme nun lugar de lecer para a veciñanza, devolvéndolle a dignidade á parroquia de Cerponzóns, que durante anos sufriu o impacto do vertedoiro, que chegou a albergar 400.000 toneladas de lixo.

O alcalde amosouse moi receptivo ás peticións da directiva de O Chedeiro, e as súas palabras foron claras e concisas en relación ao traspaso do tramo antigo da N-550 e á apertura de O Rapadiño para o uso da veciñanza: “Si, o temos que facer”.

A reunión rematou coa entrega ao alcalde dos dous primeiros tomos de “Aller de Cerponzóns”, un traballo realizado polo  secretario da asociación, no que se recollen todas as noticias relacionadas coa parroquia de Cerponzóns publicadas na prensa escrita entre os anos 1852 e 1959.

REUNIÓN CO ALCALDE Leer más »

NOVAS RELACIONADAS COAS CURTAS/DESBROCES

NOTA RELACIONADA COAS CURTAS REALIZADAS POLO CONCELLO.


Desde a AVV de Veciños O Chedeiro informamos os nosos socios e socias:

Estes días está a levarse a cabo a roza polos lugares da parroquia como é habitual nos últimos anos.


Desde a Asociación de Veciños, xunto con outras asociacións integradas na FFVV CASTELAO, insistimos desde hai un tempo ao Concello de Pontevedra en que era necesario realizar a roza polo menos dúas veces ao ano.


Reunidos coa Concelleira da Parroquia, Mª Xosé Abilleira, trasladamoslle as inquedanzas do vecindario e podemos comunicarvos que para o ano próximo realizaranse dúas curtas ao ano, según nos confirmou a Concelleira.


Ademais o novo contrato incluirá a recollida das curtas, cousa que ata agora non estaba recollida no contrato.


Tamén nos comunicou que haberá durante todo o ano unha Brigada que atenderá curtas especiais que se teñan que realizar en momentos puntuais.


A Concelleira informounos que o Orzamento para curtas incrementase en un 100%.


Dentro de poucos días habrá mais información nos medios de comunicación.

NOVAS RELACIONADAS COAS CURTAS/DESBROCES Leer más »

Intervención da Presidenta do Chedeiro na homenaxe a Srta Carmiña.

 

 

DÍA MUNDIAL DO ORGULLO. HOMENAXE A SEÑORITA CARMIÑA.

 

Maria del Carmen del Valle del Río (Cádiz 1915 – Lérez, 1998), de quen vos vou falar hoxe, ten un oco ben merecido nesta semana de actos para reafirmar e visibilizar o sentimento de orgullo sobre as orientacións sexuais e identidades de xénero tradicionalmente marxinadas e reprimidas, e vouvos contar porque.

 

María do Carmen, naceu en Cádiz en 1915, pero os seus pais, María del Río e o comandante francés José del Valle Gautier, finaron cando era moi noviña deixándoa ao coidado do seu tío, Don Leandro del río, crego do Mosteiro de San Salvador de Lérez onde Carmiña pasou a súa infancia e xuventude.

 

Alá polo ano 1960, buscando a súa independencia, cousa non moi habitual entre a maioría de mulleres do seu tempo, que preferían, ou nin sequera cuestionaban, quedar o amparo da vida familiar ou buscar a seguridade xunto a un home, deixou Lérez e alugou pola súa conta una casa en Pidre, Cerponzons. Foi así como Carmiña se converteu na nosa veciña, e todo o “mal” que fixo en Cerponzóns, e na súa vida, foi: ser “Señorita Carmiña”.

 

Para gañar a vida e completar a pequena pensión que lle deixara seu pai, daba clases particulares os rapaces da zona. Non tiña formación como maestra, pero sí recibira unha boa educación de seu tío crego, que sumada a boa conexión que tiña cos mais pequenos, ós que contaxiaba a súa fantasía, converteron a súa casa na escola preferida da rapazada de Cerponzóns e, se facía bo, tamén a súa eira.

 

Todavía hoxe, os xa non tan menos que foron os seus alumnos, lembran como descrubían o mundo debaixo dunha pereira coa súa mestra, recta nos estudos, pero sempre afable, xenerosa  e agarimosa con eles.

 

Coa súa dedicación cos meniños e tamén as súas boas maneiras coa veciñanza, gañou a confianza tamén dos pais e maiores, pero a Srta. Carmiña non só deu que falar na aldea por ser unha boa mestra e veciña, non.

 

As lerias polos camiños falaban máis ben da súa extravagancia para vestir, e tamén para vivir, unhas maneiras que saían, tanto para unha cousa como para a outra, do rego marcado as mulleres daquela época.

 

O conto favorito entre aqueles que cada día a miraban ir e vir na súa inseparable bicicleta, co seu pelo curto arranxado por ela mesma, en pantalóns axustados, camisa e botas militares, fumando como unha carreteria e soltanto improperios pouco finos para o que se esperaba dunha muller (e seica ata de un home!), era a súa orientación sexual e o seu idilio sentimental cunha moza de Xeve.

 

Estar en boca de case todo aquel con que se cruzaba e esa relación amorosa, que foi máis que un conto, pero que non tivo bo final (seica a rapaza marchou para casar cun home e formar unha familia), encerrou a Carmiña na súa soidade, unha soidade elexida, pero non por iso menos inxusta nin menos dolorosa,  que a mantiña afastada e protexida das faladurías crueis e na que so deixaba entrar a inocencia dos cativos e a compañía fiel de varios gatos e dos seus sete cans.

 

Tanto tempo se adicuo polos camiños de Cerponzóns a comentar sobre a Srta. Carmiña que o seu nome se acuñou como un calificativo aplicado a calquera muller físicamente parecida a ela ou con extravagancias para época pouco vistas en Cerponzóns.

 

Eu non a coñecín en persona, pois cando finou en 1998,  xa había tempo que volvera a Lérez para vivir cunha curmá aqueixada da súa coxeira que se foi agravando.

 

Só a coñecín de oídas, oídas do tipo “ai, mira para ahí, fulanita cortou o pelo como Srta. Carmiña”, ou “citranita non topou marido e quedou para vestir santos  e criar jhatos coma Srta. Carmiña”, ou “iba a escarranchapernas na bicicleta como Srta. Carmiña”, e cousas peores, pero que nos deixaron unha aprendizaxe, pois

 

eu daquela non entendía moi ben que era iso de ser “Srta. Carmiña” e penso que quenes o dicían tampouco o sabían. Non sabían que ser “Srta Carmiña” era ser fiel a un mesmo, era ser quen se quere ser, quen un sinte ser, sen facer dano a ninguén.

 

Oxalá esas persoas, que criticaban o descoñecido, o diferente, penso que desde a respectable ignorancia da época que lles touco vivir, estiveran hoxe aquí para ver que o mundo está cada vez máis cheo de “Srtas. Carmiñas”.

 

Oxalá pudieran ver todas as “Srtas. Carmiñas” que están hoxe en día nas pantallas, nas rúas, ¡nos camiños!, pero non criticando senon abríndoos á unhas novas xeracións cada vez máis inclusivas e diversas para as que o diferente non é malo, só é diferente, pero a súa vez igual.

 

Igual de bo, igual de respectable, igual de orgulloso, igual de libre!

 

Liliana Casás Falcón

Presidenta da AVV o Chedeiro.

Intervención da Presidenta do Chedeiro na homenaxe a Srta Carmiña. Leer más »