HOMENAXE A DIVERSIDADE

HOMENAXE A DIVERSIDADE

 

Hoxe cúmprese un ano dende que a asociación de veciños O Chedeiro, nos actos organizados polo colectivo LGBTI, rendeulle homenaxe póstuma a Juanito, un veciño noso de Pidre (Cerponzóns), que padeceu a represión, os abusos e a intolerancia dunha sociedade que non aceptaba a disidencia sexual.

 

Aquela homenaxe realizouse na Praza da Peregrina, onde precisamente este ano será homenaxeada Mª del Carmen del Valle, máis coñecida como a Señorita Carmiña. Carmiña, que tamén foi veciña de Cerponzóns, viviu unha época de profunda represión durante a ditadura franquista. A súa orientación sexual ía a contracorrente naqueles tempos e, ao non encaixar nos cánones estéticos e de conduta do franquismo, acabou refuxiándose na soidade.

Dita homenaxe será o día 28 de Xuño.

 

Estas homenaxes son fundamentais para lembrar e valorar o respecto aos homosexuais e lesbianas, recoñecendo o sufrimento e a valentía de persoas como Juanito e Carmiña. Ambos foron pioneiros na loita pola diversidade sexual e polos dereitos que hoxe seguimos defendendo. A súa memoria invítanos a seguir traballando por unha sociedade máis inclusiva, onde todas as persoas sexan respectadas e valoradas, independentemente da súa orientación sexual.

 

É importante que como veciños e veciñas recoñezamos e agradezamos a contribución destas persoas á nosa comunidade. A súa loita non foi en balde e hoxe, grazas a eles, podemos celebrar e defender a diversidade. Que o exemplo de Juanito e Carmiña siga inspirándonos a construír un futuro mellor e máis xusto para todos e todas.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *