42 ANIVERSARIO

42 ANIVERSARIO

Hoxe, 9 de xuño de 2024, conmemoramos o 42 aniversario dun acordo histórico que marcou un antes e un despois na nosa comunidade. Foi nesta mesma data, no ano 1982, cando a Asociación de Veciños se reuniu para tratar a ubicación dun Campo de Fútbol na nosa parroquia, coa colaboración da Federación de Fútbol.


Aquel día, tras un debate frutífero e construtivo, tomouse o acordo por maioría absoluta de ubicar o campo de fútbol, unha decisión que contou co apoio maioritario dos veciños. Este feito non só significou a creación dun espazo deportivo, senón que tamén reforzou o espírito de comunidade e cooperación entre a maioría da veciñanza.


Naquel tempo, a Asociación de Veciños estaba presidida por D. Juan Manuel Fernández, un home comprometido co desenvolvemento e benestar da parroquia. Tamén xogou un papel fundamental D. Francisco García, presidente da Xunta Provisional de Montes.


Hoxe, ao lembrar aquel momento, queremos agradecer a todas as persoas que participaron e fixeron posible este acordo, entre eles, aos directivos da Asociación de Veciños: D. Rogelio Castro, D. José Maquieira é D. Rogelio Cons, así coma os vocais de Montes: D. Juan Pérez é D. Manuel García.

Grazas ao seu esforzo e dedicación, temos hoxe un campo de fútbol que serve de punto de encontro e de fomento do deporte para todas as xeracións.


Que este aniversario sirva para renovar o noso compromiso co traballo en comunidade e para seguir avanzando na mellora da nosa parroquia, sempre con espírito de unión e colaboración.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *