PEDIMOS A LIBERALIZACIÓN DAS ITV

PEDIMOS A LIBERALIZACIÓN DAS ESTACIÓNS DE I.T.V.

Desde a Confederación Galega de Asociacións Veciñais “Rosalía de Castro” – CoGaVe, representante do Movemento Veciñal de Galicia a través das súas Federacións de Asociacións Veciñais, entre as que se encontra a Federación de Asociacións Veciñais de Pontevedra “Castelao”, manifestamos a nosa preocupación ante a pervivencia, na nosa Comunidade Autónoma, dun dos monopolios que con máis intensidade grava e afecta directamente ós/ás veciños e veciñas galegos/as: a Inspección Técnica de Vehículos – I.T.V.


Desde a CoGaVe propoñemos a liberalización, como medida alternativa, e que poidan ser habilitados como puntos de exercicio ou estacións de I.T.V. os concesionarios oficiais e talleres de vehículos que así o desexen, sempre e cando conten cos recursos de equipamento humano e técnico para iso. A este respecto, tamén, instamos e solicitamos ás Administracións, que ademais de exercer as labouras de control e supervisión de ditos puntos e estacións, ofrezan tamén o correspondente soporte económico que permita dita actividade, dotando do necesario equipamento técnico e humano ós concesionarios e talleres oficiais que desexen exercer esta actividade.


A fin dos monopolios, que reclamamos desde a nosa entidade -e, matizamos, é solicitada tamén por parte da Comisión Europea-, é beneficiosa para o conxunto da sociedade, xa que implica competitividade, co conseguinte incremento na calidade dos servizos prestados, toda vez que supón un abaratamento directo dos custos que o/a cidadán/a debe asumir -xa que, lembramos, a I.T.V. é un proceso de obrigado cumprimento para todo/a condutor/a-.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *