A FALTA DE SERIEDADE DE MONBUS

 

 

FALTA DE SERIEDADE DE MONBUS COA VECIÑANZA DE CERPONZÓNS.

 

Desde o mes de Marzo do 2020, e despois de máis de 30 anos reclamando, a parroquia de Cerponzóns conta con tres paradas de autobús ó longo da  Liña 4 que une Casa Falcón coa Estación de Autobuses pasando por Alba e Lérez. 

 

As nosas paradas están situadas nos lugares de Pidre, Rons (xunto a Ponte Malvar) e Tilve.

 

O que ó principio foi unha satisfacción para gran parte da veciñanza, pois non foi posible que chegase ata o lugar da Ermida e contentar a todos, non tardou en mudar en decepción e desperación.

 

Desde o primeiro momento os veciños comenzamos a notar a falta de cumprimento co horario, a desesperarnos nas paradas esperando un autobús que chega tarde ou que pasa por diante de nos saltando a parada.

 

Desde a Asociación de Veciños O Chedeiro de Cerponzóns recibimos queixas constantes de veciños e veciñas que padecen esta falta de seriedade, pois Monbus ofrece un servicio, pero da outro que non permite ós veciños usar o autobús público por non estar seguros de chegar ó seu traballo, compromiso ou enlaces con outras liñas como, por exemplo, a de subida ó hospital Montecelo para unha cita médica.

 

Reclamamos ás Administracións competentes que revisen con Monbus o cumprimento do contrato, pois ¿de que vale ter un autobús de liña circulando pola estrada valeiro porque os cidadáns non poden confiar no seu uso?

 

Estamos fartos de recibir palabras de disculpa por parte da empresa e faltos de ver feitos e solucións.

 

O reiterado incumprimento do contrato xa cheou para nos ó grado de inadmisible.

 

Esperamos a implicación da Xunta de Galicia e do Concello de Pontevedra con mais compromiso do que ten demostrado a empresa ata o de agora. 

Que teñan en conta o limitante que é está situación para os veciños que non teñen opción de desplazarse no seu coche particular, sendo na sua maioria a rapazada e os nosos maiores, estes últimos esquecidos a miudo polas Administracions como si as súas necesidades non foran igual de importantes que as dos demais contribuintes.

 

AVV O CHEDEIRO de Cerponzóns.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *