EN DEFENSA DA VECIÑANZA

Supresión trabas burocráticas

CONFEDERACIÓN GALEGA DE ASOCIACIÓNS VECIÑAIS “ROSALÍA DE CASTRO”

(COGAVE)

A CoGaVe esiximos unha Administración ó servizo

da cidadanía -e non ó revés-.

Dirixido a:

• O Sr. Presidente da FEGAMP – Federación Galega de Municipios e Provincias, D. Alberto Varela Paz.

• O Sr. Presidente da Excma. Diputación provincial de A Coruña, D. Valentín González Formoso.

• O Sr. Presidente da Excma. Diputación provincial de Lugo, D. José Tomé Roca.

• O Sr. Presidente da Excma. Diputación provincial de Ourense, D. Luis Menor Pérez.

• O Sr. Presidente da Excma. Diputación provincial de Pontevedra, D. Luis López Diéguez.

• O Sr. Conselleiro de Presidencia -e de Xustiza e Deportes e Vicepresidente primeiro- da Xunta de Galicia, D. Diego Calvo Pouso.

• O Sr. Delegado do Gobierno de España en Galicia, D. Pedro Blanco Lobeiras.

•A Sra. Valedora do Pobo de Galicia, Dna. María Dolores Fernández Galiño.

 CONFEDERACIÓN GALEGA DE ASOCIACIÓNS VECIÑAIS “ROSALÍA DE CASTRO”

(COGAVE)

Desde a Confederación Galega de Asociacións Veciñais “Rosalía de Castro” – CoGaVe, entidade que representa ó Movemento Veciñal a nivel de toda Galicia, con implantación nas 4 provincias galegas a través das súas Federacións de Asociacións Veciñais membro -Federación provincial de Asociacións Veciñais “Lucus Augusti” de Lugo, Federación provincial de Asociacións Veciñais “Limiar” de Ourense, Federación de Asociacións Veciñais “Eduardo Chao” de Vigo, Federación de Asociacións Veciñais de A Coruña e Área Metropolitana, Federación de Asociacións Veciñais “O Facho” de Cangas do Morrazo, Federación de Asociacións Veciñais “Roi Xordo” de Ferrol e Federación de Asociacións Veciñais de Pontevedra “Castelao”, reclamamos á Administración – pertencente á calesqueira das súas escalas: estatal, autonómica e local-, unha necesaria e urxente reformulación da súa relación coa cidadanía.

Desde a nosa entidade, a CoGaVe, representante dos/as veciños e veciñas de Galicia, e tanto dos seus núcleos urbáns como das zonas rurais, consideramos inadmisible en todo punto o feito de que en pleno ano 2024, e xa transcorrida, afortunadamente, a etapa de pandemia e post-pandemia pola Covid19 que, sen dúbida, modificou obrigatoriamente, e a fin de preservar a seguridade sanitaria -e a Vida, en definitiva-, das persoas, os hábitos e costumes das mesmas, incluíndo, por suposto, a participación nos trámites administrativos e burocráticos, que en ningún caso deixaron de ser obrigatorios, e, en cambio, se sigan mantendo as citas previas como método ineludible para o acceso ás instalacións das diferentes Adminitracións.

Asimesmo, e a este respecto, non entendemos, desde a CoGaVe, que iniciado xa o ano 2024 -atopámonos xa a mediados do mes de febreiro-, siga sen recuperarse a presencialidade na atención ó/á cidadán/a que acode a unha Administración para realizar un trámite ou trámites ós que a propia Administración lle obriga, pero para os que non lle facilita axuda nin tampouco o máis básico: que sexa unha persoa quen lle escoite e atenda a súa solicitude. Asistimos, lamentablemente, á época de maior grado de deshumanización da Historia pese a ter atravesado unha pandemia que, lonxe de converter á sociedade en máis empática, parece ter obrado o efecto diametralmente oposto.

Por se fose pouco o anteriormente relatado, atopámonos tamén ante a etapa de maior incremento de carga burocrática cara o/a cidadán/a. Neste punto, cabe engadir tamén que, segundo a propia Lexislación vixente -concretamente, Ley 39/2015 de Procedemento Administrativo, no seu art. 28.2- todo documento que obre en poder da Administración no poderá ser solicitado por ésta ó/á administrado/a novamente. Cuestión, ésta última, que dista moito de cumprirse na actualidade, coas consecuencias directas dunha notable ralentización en tódolos procesos administrativos tanto de particulares como de entidades.

En resumo: a cidadanía vese sumida en procesos cuasi-eternos que, lonxe de solucionar o seu problema, o único que logran é incrementalo.

A tenor de todo o descrito nos parágrafos anteriores, desde a CoGaVe consideramos esixible que a Administración estea obrigada a responder directamente a toda solicitude ou cuestión presentada ou plantexada oficialmente pola cidadanía, tamén para os procesos non estandarizados nin regulados; e facelo, ademáis, nun prazo razonable de tempo e prefixado de antemán por Ley.

En definitiva, desde a CoGaVe esiximos unha reformulación urxente da relación da Administración coa cidadanía, que poña fin á burocracia masiva -e crecente- que na actualidade convirte en inoperativa e ausente a eficiencia na xestión, por parte da mesma, da atención ós/ás veciños e veciñas; e, por ser o ámbito que nos compete como entidade, dos/as galegos e galegas, e de quenes acoden a esta Comunidade Autónoma.

Esiximos, por tanto, desde esta entidade, a CoGaVe, representante do Movemento Veciñal de Galicia, a simplificación dos trámites burocráticos -incluíndo a eliminación dos mesmos nos numerosos casos en que sexa factible, cumprindo a Ley 39/2015, de Procedemento Administrativo, e máis concretamente, a este respecto, o seu art. 28.2, arriba mencionado, que establece que toda documentación que obre en poder da Administración non poderá ser novamente reclamada por ésta ó/á administrado/a-.

Ademáis, esiximos que exista obrigatoriedade de resposta por parte da Administración, independentemente de que o procedemento estea ou non regrado ou estandarizado.

Esiximos, en definitiva, e por fin, unha Administración ó servizo da cidadanía -e non ó revés-.

Xunta Directiva da Confederación Galega de Asociacións Veciñais “Rosalía de Castro” – CoGaVe.

Mércores, 28 de febreiro de 2024.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *