Hoxe inaugurouse a exposición itinerante da AECC…

Hoxe inaugurouse a exposición itinerante da AECC.

Desde a Asc. de Veciños O Chedeiro de Cerponzóns colaboramos coa AECC de Pontevedra para concienciar á poboación e poñer en valor o impulso da AECC para mellorar o diagnóstico, prevención e tratamento da enfermidade a través daqueles proxectos que teñen como fin mellorar a vida dos pacientes de cancro.

Facer chegar aos nosos veciños os 50 anos cambiando a historia do cancro, foi a nosa petición á presidenta da AECC de Pontevedra, Carmen Abeledo, cando estivemos con ela na entrega dos Premios CoGaVe.

Agradecemos a presenza de Pilar Iglesias, Tesorera da AECC de Pontevedra é dos Concelleir@s Pilar Comesaña (BNG), Marcos Rey (PSOE) e Martín Martínez (PP) do Concello de Pontevedra

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *