PROPONTE

TRABALLO EN REDE NO TERCEIRO SECTOR

Onte dia 17 Marzo do 2023, tivo lugar un evento dentro do programa municipal PROPONTE co obxectivo de potenciar o tecido social do Concello de Pontevedra e as sinerxias entre as asociacións que o conforman.

A través da Concellería de Benestar Social, celebrouse o primeiro Lab Social-Xuntanza Proponte, celebrado no salón de actos da Uned.

Como eixo central desenvolveuse un traballo en rede no terceiro sector, cun laboratorio de ideas composto por varias entidades que achegaron as súas experiencias.

As Asociacións do rural tivemos un apartado dedicado exclusivamente para nos, para centrar e compartir as nosas achegas, ideas e propostas e así facernos sentir e sentirnos máis valoradas. Foi un primeiro contacto que abre novas expectativas con vistas ao futuro.

Acompañaronnos ao Parladoiro Proponte Rural, as compañeiras da Asc. C.D. Chan do Monte (Cerponzóns), Asc. Cultural A Queimada de Reiriz (Alba) e tamén de outras asociacións de Mourente etc.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *