A saúde mental, manifesto de apoio da Asc.V. O Chedeiro…

A Asc. de Veciños O Chedeiro, integrada na ffvv Castelao, mantivo unha reunión fai uns dias na cidade de Lugo coas federacións de veciños de toda Galícia, que están integradas na COGAVE. 

Un dos puntos a tratar foi a situación das persoas afectadas con problemas de saúde mental.

A CoGaVe manifesta o seu apoio á Fundación Salma

Desde a Confederación Galega de Asociacións Veciñais “Rosalía de Castro” -CoGaVe, que aglutina as principais Federacións de Asociacións Veciñais de Galicia e un total próximo a 500 asociacións, manifestamos:

O noso apoio absoluto aos obxectivos pretendidos pola Fundación Salma – Fundación para o coidado da Saúde Mental en Galicia-, detallados a continuación; e a este respecto, compartimos con esta entidade os seguintes puntos:

1- A necesidade de ofrecer apoio directo ás persoas con problemas de saúde mental, aos seus familiares e persoas a cargo.

2- Fomentar o desenvolvemento dun marco legal que organice e garanta a asistencia sanitaria e social debida ás persoas afectadas con problemas de saúde mental, de xeito efectivo e eficiente.

3- Implantar en Galicia un modelo habitacional con asistencia terapéutica para persoas con problemas de saúde mental que garanta o seu dereito constitucional a unha vivenda digna co debido soporte sanitario.

4- Conseguir colaboración de empresas e persoas individuais para poñer en marcha talleres de traballo inclusivo en Galicia.

5- Implantar un modelo de conxunto racional e efectivo para a asistencia psicolóxica e psiquiátrica en Galicia, con implicación directa dos Poderes Públicos, con respaldo legal e apoio das Institucións Internacionais, tanto a nivel logístico como financeiro.

6- Crear unha rede de apoio e cooperación directa para os familiares de persoas con enfermidades mentais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *