A Plataforma SOS Sanidade Pública convoca unha manifestación para o domingo 14 de novembro, a partir das 12.00 horas, en Santiago de Compostela.
Sentimos preocupación porque nos Centros de Saúde continúe primando a atención telefónica. Xa desde 2008 se rexistran recortes na Atención Primaria e, coa pandemia, a situación converteuse en mui preocupante, os pacientes están obrigados a realizar múltiples chamadas para contactar cos seus centros sanitarios e, cando contactan, deben esperar ata quince días para obter unha cita telefónica e moito máis tempo para lograr unha cita presencial.
Cando un paciente nota a falta recursos nos Centros de Saúde, recorre a Urxencias, provocando saturación do servizo. Se a Atención Primaria vai indo cada vez a menos, o sistema sanitario colapsa.
O presidente da ffvv Castelao, Juan Manuel Loureiro, comentou fai uns dias que é necesario que se substitúan aos profesionais sanitarios cando se xubilan e que os Centros de Saúde deixen de ser «meros tramitadores de documentación».
Desde a Asc. de Veciños O Chedeiro, integrada na ffvv Castelao, somos conscientes da necesidade de investimentos na Sanidade Pública.
Son muitos os veciños, que falando con eles, nos comentan a precariedade que notan de uns anos a esta parte cando teñen que acudir o Ambulatorio ou a Montecelo.
O dia 14 de Novembro a Plataforma SOS Sanidade Pública convoca unha manifestación en Santiago, as persoas interesadas en viaxar a Compostela para participar neste acto dispondrán de autobuses gratis.
Conforme se sepa a hora e punto de saída informaremos delo.