16 Novembro, dia do Patrimonio Mundial…

16 NOVEMBRO 2021, DIA DO PATRIMONIO MUNDIAL

O Patrimonio Mundial constitúe todos os bens naturais e culturais que existen no mundo e que forman parte da riqueza e a herdanza de toda a humanidade. De aí a importancia do seu coidado, protección e preservación.

Actualmente, moitos destes sitios atópanse en total abandono e faltos dun mínimo mantemento, é o caso da nosa Ponte Malvar.

Desde a Asociación de Veciños O Chedeiro de Cerponzóns seguimos reclamando e denunciando o seu estado, por unha banda a falta de mantemento da estrutura, doutra banda, a falta de limpeza nas súas paredes e nos pasos habituados para os peons, imposible de pasar por eles dada a cantidade de silvas que hai. O lugar está cada vez peor, non hai zonas por onde poidan camiñar seguros os veciños e calquera outro visitante que adoitan acudir a observar o cruceiro e a ponte ou dar un paseo ao longo do tramo da N 550.

Van seis anos que nun pleno celebrado no Concello de Pontevedra todos os partidos políticos aprobaron por maioría pedir o traspaso do tramo antigo da N550, pero a cousa está parada, seguimos igual, parece que ningunha das administracións implicadas están polo labor.

Desde a Asociación de Veciños O Chedeiro de Cerponzóns denunciamos o comportamento irresponsable que están tendo as administracións competentes que teñen que ver con iso, o noso patrimonio debemos coidalo, xa vai sendo hora.

#DíaInternacionaldelPatrimonioMundial

#ochedeiro.com

PONTE MALVAR,S.XVIII

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *