PROPOSTA AO CONCELLO DE PONTEVEDRA DESDE A ASC. DE VECIÑOS O CHEDEIRO DE CERPONZÓNS.
Dado o lamentable estado dalgúns quioscos que hai na cidade, a Asc. de Veciños O Chedeiro de Cerponzóns propón reutilizar devanditos quioscos para diferentes servizos.
Estamos seguros que nosa parroquia e nas outras, sería de moita utilidade ter un destes quioscos para utilizar as asociacións das parroquias.
É necesario aproveitar estas instalacións, unha verdadeira mágoa que se atopen nun estado de total desuso e que se lle pode dar de novo vida útil, beneficiando ás nosas asociacións culturais e deportivas.
As súas utilidades serían para beneficio de toda a veciñanza, unha idea onde podiamos usalo como exemplo, sería para aloxar libros da nosa biblioteca e poder estar máis a man daqueles veciños que viven lonxe do noso Centro Social e por varios motivos non se poden achegar habitualmente, deste xeito promoveríamos a lectura, sería un punto de recollida e de entrega.
Tamén, no noso caso,usaríamolo como lugar para informar das actividades que leven a cabo as asociacións, do mesmo xeito que sería un lugar idóneo para dar de alta aos novos sócios e cobrar os recibos das mesmas, recoller información dos problemas da parroquia, repartir publicidade relacionada con calquera actividade que teña que ver coa parroquia : Asc. Veciños, Asc. Cultural, Deporte, Asc. Comunidades de Augas, Asc. de Alfombristas, Asc. Recollida de Animais, Comisión de Festas etc.
Por outra banda, tamén sería idóneo para calquera ONG que quixese achegarse algún día á parroquia informando da súa actividade neste punto.
En definitiva, do que se trata é poder aproveitar unhas infraestructuras que nos poden dar un bo servizo e que tal como están hoxe en día é unha pena velos así.
Poñerémonos en contacto co Exc. Concello de Pontevedra para ver si é factible a nosa proposta e os quioscos puidesen ser utilizados nas parroquias ou barrios da cidade.
Pois a min paréceme Unha gran idea.
Grazas, imos ver que nos contesta o Concello.
Unha boa idea. A ver si temos Sorte
Grazas Joaquin, unha aperta.