Boas tardes.
Recordade que a asociación de Veciños O Chedeiro de Cerponzóns xunto coa Concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, que dirixe IVÁN PUENTES, iniciou unha campaña a partir do 21 de Marzo coa veciñanza da parroquia.
Esta campaña consiste na entrega de árbores ou plantas a cambio de residuos perigosos para o espazo natural.
Coa entrega de 25 pilas ou 10 cargadores ou 10 cartuchos de tinta, cada persoa recibirá unha árbore ou unha planta.
A función da campaña é a de sensibilizar aos veciños da importancia que ten evitar destinar estes elementos ao lixo xa que necesitan un tratamento especial que evite a contaminación.
Ésta campaña remata o próximo mes de Decembro, uns días antes imos necesitar que por privado vaiades indicándonos cantas pilas, cargadores ou cartuchos tedes.
Grazas por colaborar.