- Hoxe, 21 de novembro, se celebra o Día Mundial da Televisión.
Dada a efemérides quero lembrar que o próximo día 26 fai seis anos saímos na tvg denunciando o estado da Ponte Malvar e a súa contorna. Son moitos anos de reunións, donde hai momentos onde se dislumbra certos movementos para chegar a un acordo entre as administracións , pero ao final non dá chegado o día.
O martes pasado estiveron a limpar esta zona e tamén o tramo que está na dirección á igrexa. Pero esta limpeza non se fixo por presentar un escrito por rexistro como acostumbramos habitualmente, non, tivo que ser debido a denuncialo nos medios de comunicación. Nin vos imaxinades os escritos que presentamos o longo destes cinco últimos anos por rexistro, no 90% do que pedimos non fixeron caso.
Así funciona este país, que pena.
É certo, é unha pena, que so cando a denuncia se fai en medios de comunicación se tomen medidas.
Pero se non queda outra haberá que facelo así. O importante é o grande traballo que estades a facer.
Gracias
Unha aperta
Grazas veciña, unha aperta.