Este curso está pensado para os veciños que queiran aprender a manexar mellor os seus teléfonos móviles ou ordenadores.
É un curso moi básico para aprender tarefas moi útiles como, por exemplo, borrar un comentario erróneo no WhatsApp, guardar un número teléfono na axenda do móvil, pedir unha cita para o médico a través da aplicación do SERGAS, etc.
O número máximo de prazas é 15, para mulleres e homes.
Para anotarvos chamade ó teléfono da Asociación de Veciño O Chedeiro, que é o que aparece na imaxen, 628387430. (Os primeros 15 que chamen a ese teléfono ou manden mensaxe).
Terán preferencia os socios ou familiares dos socios que convivan na mesma casa.
E tamén terá prioridade quen non teña feito este curso antes.