Como ben sabedes unha das aulas do antigo colexio está destinada desde fai un tempo a biblioteca.
Temos que dar falar e dar as grazas de novo.
Desde o primeiro día que decidimos crear a biblioteca foron moitas administracións, institutos e particulares que colaboraron doando libros, grazas de novo. É agradecer especialmente á aqueles veciños e veciñas que colaboraron en pedir personalmente libros para a nosa biblioteca, en especial a Juan Cons, a súa achega supera con fartura as 1000 unidades.
Dada a cantidade de libros que nos foron chegando, chegou un momento que non tiñamos suficientes estanterías para poder colocar e ordenar tantos libros, tivemos que pedir axuda.
Esta axuda chegounos desde o Concello de Pontevedra, desde a Concellalía de Benestar Social, expuxémoslle o problema ao concelleiro que leva dita concellalía, Marcos Rey Pazos, invitámolo a ver o local e prometeunos realizar as xestións para poder conseguir os mobles necesarios para poder ter a biblioteca ordenada.
A semana pasada xa tiñamos os mobles no Centro Social, logo duns días de traballo, temos a biblioteca en perfectas condicións.
Grazas !
È meu soño para Lérez, dis que é complicado. Vou ver e achégovos algúns.
Grazas, un saudo.