INVITACIÓN Á 1ª PASARELA DE TRAXES TRADICIONAIS…

  • INVITACIÓN Á 1ª PASARELA DE TRAXES TRADICIONAIS…
    O próximo día 10 de Xuño a Asoc. de Veciños O Chedeiro de Cerponzóns organiza a 1ª PASARELA DE TRAXES TRADICIONAIS E CONCERTO GALEGO.
    Nesta pasarela veremos traxes da Asociación Etnográfica Sete Espadelas que foron premiados no concurso do ‘Día do enxalzamento do traxe galego’ celebrado en Santiago de Compostela en xullo do 2021.
    A Asociación Sete Espadelas logrou nove dos trece premios que se entregaban na 42 edición do concurso celebrado en Santiago con motivo do Día do enxalzamento do traxe galego.
    Son xa 37 premios conseguidos por esta agrupación no Día do Enxalzamento do Traxe de Santiago e 11 premios de Investigación Antón Fraguas.
    Sete Espadelas ten como obxectivo, desde a súa fundación, o estudo, conservación, divulgación e reprodución do traxe tradicional galego, baixo a dirección de José Luís Rodríguez e David Quiñones.
    NOTA : Para esta pasarela contaremos con veciñas e veciños da parroquia que se sumaron a este evento para participar como modelos no desfile.
    LUGAR : DISCOTECA LA LUNA
    HORA : 21:30
    Desde a Asociación convidámosche a presenciar este evento.
    Gustaríanos contar coa vosa presenza acompañados da vosa familia ou amizades.
    Un saúdo.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *