NOVAS RELACIONADAS CON LEBOREI E PROPONTE.
LEBOREI :
A Asociación de Veciños O Chedeiro de Cerponzóns, representada pola presidenta Liliana Casás, estivo presente na reunión convocada polo Concello de Pontevedra no día de onte venres 3 de Xuño, o Concello estivo representado polos concellais Pilar Comesaña, Demetrio González e Alberte Oubiña.
O lugar da reunión foi na carballeira, estiveron prácticamente todolos veciños de Leborei, excepto dúas casas que por motivos persoais non puderon asistir.
O Concello prometeu colocar en breve unha serie de señais para evitar a excesiva cantidade de tráfico que pasa polo lugar.
Señais indicativas que o vial sólo é para paso de residentes, para servizos ou para paso de maquinaria agrícola.
PROPONTE :
O 3 de Xuño a Asc. de Veciños O Chedeiro estivemos en Xeve, no Centro Cultural de Sta. Maria de Xeve.
O Concellal de Benestar Social, Marcos Rey invitounos a presentación do programa PROPONTE RURAL, relacionado coa dinamización de entidades do Rural.
Estiveron representantes de Asociacións Culturais e de Veciños, Comunidades de Montes, veciños particulares etc. de Santa María e Santo André de Xeve, Verducido e Cerponzóns.
Desde Cerponzóns sólo estivemos a Asc. de Veciños O Chedeiro.
A proposta do Concellal é a de que PROPONTE RURAL sexa unha iniciativa para coñocer a fondo as necesidades do rural.
Cada un dos presentes opinou da situación da súa parroquia e aportou as súas ideas.