Unha das suxerencias que fixemos fai uns meses desde a asociación de Veciños O Chedeiro á Xunta de Galicia, foi a de pedir a sinalización adecuada para que os peregrinos ao chegar a este punto de San Caetano cruzasen para o outro lado da senda peonil.
Un pequeno detalle que evitará algún que outro susto que podía chegar a ser un accidente.
Desde O Chedeiro damoslle as grazas a deputada Paloma Castro pola súa colaboración.