RECOLLIDA DE FIRMAS A FAVOR DE UNHA MELLOR ATENCIÓN SANITARIA.
A Asociación de Veciños O Chedeiro de Cerponzóns está representada polo seu secretario, JJ Esperón, na Plataforma SOS Sanidade Pública de Pontevedra.
O próximo obxectivo que ten SOS Sanidade Pública é a recollida de firmas a nivel Galicia, para presentar unha ILP (Iniciativa Lexislativa Popular) coa intención de que sexan implantadas unha serie de medidas urxentes para revitalizar e fortalecer os mecanismos sanitarios de Atención Primaria.
O próximo xoves estaremos recollendo firmas na Praza da Peregrina, a partir das 12 do mediodía.
Grazas pola vosa colaboración.