VISITA DO PRESIDENTE DA XUNTA.

Visita do Presidente da Xunta.

Desde Buenos Aires chegounos unha noticia moi recente a través dunha das nosas amigas do grupo de wasap que temos formado con veciños e veciñas que teñen relación coa nosa parroquia e que emigraron (eles ou os seus antepasados) a aquela terra.

A noticia é da visita do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, o cal, na súa primeira visita como presidente da Xunta, estivo reunido con 200 persoas representantes da colectividade galega.

A nosa amiga díxonos que estivo no Club Español, onde se expón a mostra do Camiño de Santiago e alí fíxolle unha entrega ao presidente dunha documentación relacionada cos descendentes de emigrados galegos de Cerponzóns, ademáis aproveitou de comentar co presidente e organizadores da mostra de que o Camiño Portugués pasa por Cerponzons, a terra dos seus antepasados.

Desde a Asc. de Veciños O Chedeiro agradecémoslles á nosa amiga Luci o seu compromiso e o seu agarimo coa nosa parroquia, que é a súa tamén.

2 comentarios en “VISITA DO PRESIDENTE DA XUNTA.”

  1. Buenos días soy Liliana Antony y quisiera contactarme con Uds. soy sobrina de Lucia Otero y Josefina y Vicente Otero fueron mis tíos abuelos, mi abuela Hermosinda Ramona Otero, fue mi abuela materna, dejo mi contacto liliana.antony@gmail com, 1556253328, mi tia Liuci me envió este articulo periodístico , muchas gracias por el contacto. Saludos Liliana Antony

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *