PRESENTACIÓN DO LIBRO SOBRE PATRIMONIO DE CERPONZÓNS.

29 DECEMBRO 2022.

PRESENTACIÓN DO LIBRO PATRIMONIO ETNOGRÁFICO DE CERPONZÓNS.

Tivo lugar no Concello de Pontevedra a presentacion do libro Patrimonio Etnográfico de Cerponzóns.

O presente libro é o resultado dun traballo de investigación antropolóxica ao redor do patrimonio etnográfico da nosa parroquia. Nesta obra inventaríanse e descríbense os diferentes bens e elementos de interese cultural que configuran o patrimonio etnográfico de Cerponzóns. Cruceiros, muíños, hórreos, fontes e lavadoiros, pombais, pontes e pontellas ou edificios senlleiros, entre outros, forman parte deste completo inventario patrimonial promovido pola Asociación de Veciños O Chedeiro, realizado e escrito polo antropólogo Rafael Quintia en colaboración con Juan José Esperón e financiado pola Concellería de Educación do Concello de Pontevedra.

 

A nosa maior responsabilidade é ser bos antepasados. Jonas Salk.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *