ASC. DE VECIÑOS O CHEDEIRO XA TEN PLANTADO NA PARROQUIA DE CERPONZÓNS UN FILLO DO CARBALLO DE SANTA MARGARIDA.
BUSCAMOS PARROQUIAS QUE SE SUMEN A INICIATIVA DA AC ROBUS ROBUR.
A A.C. SENTIR DO CARBALLO DE STA. MARGARIDA ROBUS ROBUR, da man da súa Presidenta, Esther Portela, entregou o dia 27 de Decembro á Asociación de Veciños O Chedeiro de Cerponzóns un descendente do carballo de Santa Margarita dun ano de idade, que leva por nome “Alter Robur”.
O mini-robus entregado forma parte do proxecto “Futuro Robus”, que consiste na recolección das landras caídas de Robustus Robur, e a súa plantación nun dos tres viveiros que a AC Robus Robur posúe en Santa Margarita. Os mini-robus que germinan cada primavera son doados pola AC Robus Robur e rexistrados polo seu nome, data e lugar de adopción no “Rexistro de descendentes do carballo de Santa Margarita”. Aos mini-Robus agrúpaselles en series en función do nome que reciben, que adoita estar relacionado con algún tema ou personaxe do noso patrimonio cultural. “Alter Robur”, en concreto, pertence á serie que se dedicou a homenaxear aos antigos reloxos de sol de mosteiros e palacios, nos que, hai séculos, o tempo organizábase en 12 horas de distinta duración. Dos doce mini-robus que constitúen esta serie, “Primum Robur” plantarase en Santa Margarida, “Undécimum Robur” plantouse en Soutomaior, Alter Robur en Cerponzóns, e quedan outros 9 aos que a AC Robus Robur gustaríalles atopar un fogar de adopción, en nove parroquias pontevedresas, para constituír coa súa plantación, “un reloxo de sol” de descendentes do carballo de Santa Margarita en Pontevedra.
O carballo de Santa Margarida, con máis de 500 anos de vida, forma parte do Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galicia, conta cunha longa historia de acontecementos que se desenvolveron baixo a súa propia copa e follas.
É o ser vivo máis lonxevo da cidade, sobreviviu a pragas, incendios, a un furacán, o seu tronco aínda conserva as pegadas dos balazos que mataron os condenados na época da guerra civil…
O carballo de Santa Margarida, conta cunha serie de criterios que fan necesario que coidemos e colaboremos para o seu mantemento, criterios baseados nas súas dimensións, criterios biolóxicos, estéticos, históricos e tradicionais.
Dentro do patrimonio forestal que dispoñemos na nosa parroquia de Cerponzóns hai uns cuantos árbores e arboledas que destacan sobre os demais por sobrevivir xeración tras xeración, por ser obxecto de veneración e respecto entre os habitantes da nosa parroquia, é por iso que desde a Asociación de Veciños O Chedeiro decidimos colaborar coa iniciativa da A.C. SENTIR DO CARBALLO DE STA. MARGARIDA ROBUS ROBUR
e así incrementar o noso patrimonio forestal cun fillo da árbore máis destacada de Comunidade Autónoma de Galicia.
Fagamos que a súa extensa vida e a súa historia alónguese centos de anos máis, que os seus fillos que se vaian plantando polas parroquias sexan parte da historia do noso patrimonio natural.
Desde a Asociación de Veciños O Chedeiro pedímoslle ás asociacións de veciños ou culturais das parroquias de Pontevedra, que participen nesta iniciativa.
O contacto da AC ROBUS ROBUR:
info@carballodesantamargarida.org