Desenvolvemento Sostible colabora co colectivo O Chedeiro na realización dun documental que homenaxeará aos veciños que construíron as traídas de agua na parroquia de Cerponzóns
Feb 13, 2023
- Con motivo do 50 aniversario da creación destas traídas, xa polos inicios dos anos 70, a peza audiovisual recollerá as lembranzas e anécdotas do labor destes veciños que se organizaron en cuadrillas pola súa conta para buscar as captacións e despregar redes de abastecemento a aquelas casas que se sumaron ao sistema de autoxestión
Con motivo do 50 aniversario da creación de varias traídas de auga na parroquia de Cerponzóns, a Concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, que dirixe o socialista Iván Puentes, está a colaborar coa asociación veciñal O Chedeiro na realización dun documental que pretende homenaxear a todos aqueles veciños e veciñas que as construíron ao longo dos anos (algunhas delas xa polos inicios dos anos 70), converténdose nun exemplo de autoxestión. A peza audiovisual, que dirixe Fernando Portela, recollerá as lembranzas e anécdotas do labor desenvolvido por aquel entón, nun período no que comezaron a organizarse en multitude de parroquias galegas asociacións de diversa índole que promoveron un novo rexurdir do movemento veciñal.
Tal e como subliña Iván Puentes, “o traballo e a importancia que tiveron as comunidades de usuarios de augas de traída, organizándose en cuadrillas para a realización destas obras, non ten prezo”. “Cerponzóns -sinala o portavoz municipal do PSOE-, foi unha de tantas parroquias onde a veciñanza comezou a organizarse para poder mellorar a súa calidade de vida. As carencias eran moitísimas e eles, como puideron, investindo os seus poucos aforros, lograron, entre unhas cantas asociacións distribuídas por varios lugares da parroquia, levar a auga dos mananciais ás súas casas”.
Segundo sinala Puentes, “ata ese entón, a veciñanza que non podía permitirse economicamente ter un pozo na súa casa, ía buscar a diario a auga ás fontes ou a mananciais particulares”. “En Cerponzóns decidiron poñerse ao choio, organizarse pola súa conta, comezaron buscar captacións e foron levando as súas augas para depósitos desde os que despregaron redes de abastecemento para chegar a aquelas casas que se sumaron ao sistema de autoxestión. Deste xeito, puideron contar cun servizo de auga que evitou o esforzado traballo de ter que buscar, día si e día tamén, a auga á fonte”.
Me hace acordar a los comienzos de nuestro barrio Ernesto, mi esposo y yo compramos un terreno,
en un loteo, un par de años antes de casarnos y comenzamos a construir nuestra casa para ello Ernesto y debía traer agua del arroyo que pasa a 200m de nuestro hogar Un par de años después los vecinos nos organizamos y trajimos la red de agua, gas y asfalto. Serian los años 80 y de este lado del oceano andábamos en los mismos quehaceres buscando mejor calidad de vida Muy importante que los jovenes conozcan la lucha de sus mayores. Felicitaciones!!!!
Gracias por tus comentarios, espero que te guste el documental, pronto avisaremos de su estreno.
Olvidé decir que soy de Argentina!!!
Felicitaciones! Me interesa ese documental.
A por ello! 🎬🎥💪
Antonio.
Gracias por tus comentarios, espero que te guste el documental, pronto avisaremos de su estreno.