HOMENAXE A JUAN UCHA VILLAVERDE

HOMENAXE A JUAN UCHA VILLAVERDE

HOMENAXE A JUAN UCHA VILLAVERDE.

O Orgullo 2023 reivindicará en Pontevedra a importancia de tecer redes de diversidade, axuda e apoio para frear a violencia contra o colectivo LGBTIQA+


  • O programa deseñado pola Concellería de Igualdade, que se desenvolverá entre os días 12 e 17 de xuño, inclúe o despregue da instalación artística ‘Tecendo Diversidades’ no balcón da Casa da Luz, unha Festa do Orgullo no parque do río dos Gafos, unha manifestación coa lectura dun manifesto e unha homenaxe a Juan Ucha Villaverde, ‘Juanito o Meregildo’, veciño de Pidre (Cerponzóns) que sufriu a represión, os abusos e a intolerancia dunha sociedade que non aceptaba a disidencia sexual.

No marco dun acto de presentación celebrado na Sala de Prensa do Concello e no que se deron a coñecer o cartel e o calendario completo de actividades, Blanco explicou que “o programa porase en marcha o luns 12 de xuño coa presentación da instalación artística ‘Tecendo Diversidades’ no balcón da Casa da Luz (ás 11:00 horas) e cun acto de homenaxe na Praza da Peregrina a ‘Juanito o Meregildo’ a cargo da Asociación de Veciños O Chedeiro de Cerponzóns e dos colectivos de Familias de Menores Trans ‘Arelas’ e Avante LGBT+ Pontevedra (18:00 horas)”. “Juan Ucha Villaverde (Pontevedra 1923-2007) -indicou a Yoya Blanco- foi un veciño de Pidre que vendía froita e ovos polos mercados e na Praza de Abastos de Pontevedra. Homosexual recoñecido e orgulloso, sufriu a represión, os abusos e a intolerancia dunha sociedade que non aceptaba a disidencia sexual. Afable e divertido, emprendedor e bo veciño, aturou desde ben pequeno todo tipo de mofas e aldraxes por ser gai e afeminado. Respondía aos insultos con piropos e nunca deixou de ser nin finxiu non ser”.


https://youtu.be/Lcqx8wxRQzw


CALENDARIO DE ACTIVIDADES:

Luns 12 de xuño
11.00 h
PRESENTACIÓN DA INSTALACIÓN ARTÍSTICA «TECENDO DIVERSIDADES» no balcón da Casa da Luz

18:00 h
Praza da Peregrina
HOMENAXE A JUAN UCHA VILLAVERDE «JUANITO O MEREGILDO» a cargo da Asociación de Veciños O Chedeiro de Cerponzóns, Asociación de Familias de Menores Trans Arelas e AVANTE LGBT+ Pontevedra



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *