OS PALCOS DE MÚSICA

OS PALCOS, CULTURA MATERIAL.

OS PALCOS, CULTURA MATERIAL.

O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) anunciou o inicio do proxecto de investigación «Palcos. Cultura material e festa na paixagem rururbana galega»; unha iniciativa que pretende mapear, catalogar e documentar os palcos de música construídos entre 1970 e os 2000 por todo o territorio galego.

 

O proxecto está liderado polo antropólogo e etnomusicólogo Iñigo Sánchez-Fuarros o cal xustifica a relevancia da investigación explicando que «os palcos de música e a súa contorna construída son bos exemplos desa arquitectura popular que habitualmente queda fóra dos debates patrimoniais».

 

O equipo de investigación está formado por especialistas en antropoloxía, arqueoloxía, xeografía, estudos culturais, arte sonora ou arquitectura, e inclúe investigadoras e investigadores do INCIPIT e doutras institucións nacionais e internacionais, como a Universidade de Oxford, a Universidade de Lisboa, a Universidade de Londres, o Centro de Ciencias Humanas e Sociais (CSIC) e a Universidade de Santiago de Compostela.

O proxecto realizarase a través do Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT), e estará financiado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) a través do Programa de Consolidación e Estruturación de Unidades de Investigación Competitivas do ano 2022.

Desde a secretaría dá Asociación de Veciños O Chedeiro, necesitamos a colaboración da veciñanza que nos poidan achegar datos relacionados cos antigos palcos e o actual.

Moitas grazas.

 

Para máis información relacionada cos palcos: https://palcos.montera34.com/

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *