ACTUALIDADE DA ASOCIACION

PRIMEIRAS REUNIÓNS NESTE NOVO CURSO POLÍTICO.

Directivos da Asociación de Veciños O CHEDEIRO, mantiveron nestes últimos días dúas reunións con representantes politicos do Concello e da Excma. Deputación de Pontevedra.

A primeira foi con María José Abilleira, a nova concelleira do BNG, responsable dá Área de xestión ambiental e territorial.

Tivemos ocasión de falar e de expoñer as principais necesidades da parroquia.

A segunda reunión foi co Vicepresidente da Excma. Deputación de Pontevedra, Rafael Domínguez.

As nosas propostas foron ben recibidas e serán tema de estudo por parte do Vicepresidente.

Dicir que unha das propostas que levamos foi moi valorada e temos a palabra de levala a cabo para inicios do ano 2024

Directiva da Asc. de Veciños O CHEDEIRO de Cerponzóns.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *