PROXECTO PALCOS

PROXECTO PALCOS

PROXECTO PALCOS.

 

A Asociación de Veciños O Chedeiro sumouse a ésta iniciativa para contribuir ao coñecemento sobre a cultura popular galega a partir do estudo da materialidade das verbenas e das festas parroquiais no territorio galego, atendendo á importancia simbólica que se lles confire como elementos configuradores das relacións de sociabilidade e pertenza ao territorio, desenvolvendo unha nova liña de traballo no INCIPIT que vincule etnografía, arqueoloxía e investigación artística.

 

O proxecto PALCOS conta cun equipo de traballo composto por investigadoras e investigadores de diversas institucións nacionais e internacionais. O grupo motor constitúeo un conxunto de antropólogas e arqueólogas do Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT, CSIC) con ampla experiencia no estudo dos procesos de patrimonialización, a arqueoloxía do mundo contemporáneo e  a arqueoloxía da paisaxe. Este grupo está liderado por Iñigo Sánchez-Fuarros(IP do proxecto) e inclúe a Cristina Sánchez-Carretero, Laura Muñoz Encinar, Candela Morado, Cristina Incio del Río, Víctor del Arco, Fátima Rodríguez Porto e Paula Sánchez Carrera.

Ademais, o equipo conta tamén coa participación da antropóloga Lee Douglas (Goldsmith, University of London), o arquitecto Pablo Arboleda (CCHS, CSIC), a artista sonora Matilde Meireles (University of Oxford), o geógrafo Daniel Paiva (Universidade de Lisboa), o fotógrafo Luis Díaz Díaz e o filólogo Zósimo López Pena (Universidad de Santiago de Compostela).

 

O día 23 de Outubro pasado unha representación da directiva do Chedeiro, asistiu a un obradoiro realizado en Valga.

Neste obradoiro presentaron as bases do proxecto de investigación que pretende localizar, catalogar e documentar os palcos da música construídos en Galicia a partir da década dos 70, así como recoller as historias, memorias e relatos que circulan ao redor deles. Xenerouse un espazo de diálogo onde, a través dunha dinámica participativa, compartimos coñecementos e experiencias sobre estas construcións, os seus usos sociais e as transformacións que tiveron ao longo do tempo. Achegarénnos á ferramenta de mapeamento dixital do proxecto para colaborar na procura e identificación de palcos polo territorio galego.

 

Desde O Chedeiro pedimoslle a veciñanza a súa colaboración, aportando fotos, recordos, anécdotas etc. que teñan relación co palco da nosa parroquia ou de outras que coñozcan.

Muitas grazas.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *