Limpeza da Ponte Malvar…
Limpeza da Ponte Malvar… Leer más »
Coa presenza de mais de cen veciños e veciñas o domingo día 7 de Novembro a Asc. de Veciños e a Asc. Cultural celebraron un pequeno Magosto, que comenzou as 10:45 horas ata as 12:30 apx. que rematamos co pouco chocolate e o viño que sobrou, as castañas xa se habían agotado todas uns intres antes.
Non debemos de deixar morrer as nosas tradicións, e o Magosto é unha tradición que a Asociación Cultural Chan do Monte leva durante muitísimos anos traballando arreo para goce dos veciños.
Hubo música, a cargo do Grupo Folk Sete Tarabelos, entrega de agasallos os participantes no Concurso de Calacús, tamén hubo castañas, viño é chocolate.
Desta vez contamos coa colaboración da Exc. Deputacion de Pontevedra.
É primordial manter as nosas tradicións, como se poida, pero non debemos deixalas ir.
Xa virán tempos mellores.
ORGANIZADO POR ASC.C.D. CHAN DO MONTE E ASC. V. O CHEDEIRO.
Resumen do Magosto 2021, fotografías e… Leer más »
A Plataforma SOS Sanidade Pública convoca unha manifestación para o domingo 14 de novembro, a partir das 12.00 horas, en Santiago de Compostela.
Sentimos preocupación porque nos Centros de Saúde continúe primando a atención telefónica. Xa desde 2008 se rexistran recortes na Atención Primaria e, coa pandemia, a situación converteuse en mui preocupante, os pacientes están obrigados a realizar múltiples chamadas para contactar cos seus centros sanitarios e, cando contactan, deben esperar ata quince días para obter unha cita telefónica e moito máis tempo para lograr unha cita presencial.
Cando un paciente nota a falta recursos nos Centros de Saúde, recorre a Urxencias, provocando saturación do servizo. Se a Atención Primaria vai indo cada vez a menos, o sistema sanitario colapsa.
O presidente da ffvv Castelao, Juan Manuel Loureiro, comentou fai uns dias que é necesario que se substitúan aos profesionais sanitarios cando se xubilan e que os Centros de Saúde deixen de ser «meros tramitadores de documentación».
Desde a Asc. de Veciños O Chedeiro, integrada na ffvv Castelao, somos conscientes da necesidade de investimentos na Sanidade Pública.
Son muitos os veciños, que falando con eles, nos comentan a precariedade que notan de uns anos a esta parte cando teñen que acudir o Ambulatorio ou a Montecelo.
O dia 14 de Novembro a Plataforma SOS Sanidade Pública convoca unha manifestación en Santiago, as persoas interesadas en viaxar a Compostela para participar neste acto dispondrán de autobuses gratis.
Conforme se sepa a hora e punto de saída informaremos delo.
Manifestación SOS Sanidade Pública… Leer más »
CENTRO SOCIAL DE CERPONZÓNS
Domingo 24 de Outubro 2021
Hora 19:00
Entrada libre ata completar aforo
LAVANDEIRAS :
As mulleres á beira do río, de xeonllos, fregando a roupa tecen unha estampa que se repetiu ao longo da nosa historia.
Ao seu redor, as lendas e as historias sucédense por toda a nosa xeografía, tanto física como identitaria.
Recollemos parte dese patrimonio oral, dende as lavandeiras nocturnas enchoupadas en sangue até o traballo colectivo das lavandeiras de Redondela, na Illa de San Simón cando a guerra.
Tamén contamos de Manuela Lores, e cantamos as fontes, os ríos.
Poñemos os pés a remollo cada día…
Colaboran : Concellería de Igualdade do Concello de Pontevedra é Asc. de Veciños O Chedeiro de Cerponzóns
Mañá domingo, esperámosvos no Centro Social : LAVANDEIRAS… Leer más »