ÚLTIMAS NOTICIAS

Peticións de melloras en San Caetano.

O dia 2 de Setembro do 2021 a Presidenta da Asc. de Veciños é a parlamentaria Paloma Castro estiveron visitando a Senda Peonil situada no lugar de San Caetano.

Nota de prensa da parlamentaria Paloma Castro despois de denunciar ante o parlamento da Xunta de Galícia as deficiencias que hai no lugar :

A parlamentaria socialista Paloma Castro reclamoulle hoxe ao goberno galego que reaccione de forma urxente para mellorar a seguridade na estrada Po-225, que une Pontevedra con Vilagarcía, ao seu paso pola parroquia de Alba. Castro presentou unha pregunta oral na Comisión de Obras Públicas celebrada hoxe no Parlamento logo dos reiterados accidentes de camións que quedan atrancados ao pasar pola antiga ponte ferroviaria.

Castro apunta que as medidas de control de altura instaladas no seu día polo goberno galego se teñen demostrado ineficaces, tal e como demostra a continua sucesión de camións atrancados baixo a ponte. Así sucedeu, lembra, en xullo de 2007, en 2009, en 20127, 2018, 2020 e, xa o último polo momento, no pasado mes de outubro, con accidentes que resultan en graves retencións de tráfico e mesmo con serios desperfectos na estrutura da ponte histórica.

Sinala que “salta á vista que os sistemas de aviso son insuficientes”, cando dun lado “faltan láminas sonoras” e en dirección Vilagarcía faltan pezas dende hai máis de 2 anos, que ademais “pasan desapercibidas e están demasiado preto da ponte, impedindo que os vehículos pesados poidan retroceder”. Reclamou un sistema de alerta máis efectivo, que avise aos condutores da altura da ponte, ademais da mellora do viario actual.

Variante Alba

Paloma Castro sinala que a reincidencia destes accidentes “evidencia xa dende hai anos a necesidade da variante de Alba”, un vieiro pensado para mellorar o  actual e que enlace a estrada N-550 coa autonómica PO-531 que acumula 17 anos de retraso. Explicou que a estrada asume “moitísimo tráfico rodado que transcorre polo medio da parroquia e está a supor moitísimos agravios para a veciñanza”.

Neste sentido, reclamoulle á Xunta que “como administración responsable actúe na zona colocando ademais unha rotonda na conexión da estrada autonómica coa N-550 que facilite a conexión cara á variante e permita un cambio de sentido nesta estrada”. Castro presentou no Parlamento a demanda dos veciños, que reclaman ademais un paso de peóns que permita cruzar a estrada autonómica “con seguridade” e “non ter que atravesar a correr unha estrada perigosa”.

Peticións de melloras en San Caetano. Leer más »

Limpeza da Ponte Malvar…

Boas noticias para finalizar o ano.
Desde o Departamento de Estradas de Galícia estiveron esta semana realizando unha limpeza en profundidade á Ponte Malvar.
Aínda que a espera foi un pouco longa, desde a Asociación de Veciños O Chedeiro agradecemos que tivesen en conta unha das nosas demandas.

 

Limpeza da Ponte Malvar… Leer más »

ATENCIÓN, ASAMBLEA DE VECIÑOS…

SÁBADO 18 DECEMBRO

ASAMBLEA XERAL DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS O CHEDEIRO.

LOCAL SOCIAL (ANTIGA CASA DOS MESTRES)

AS 19:30 DA TARDE.

IMPRESCINDIBLE ASISTIR CON MÁSCARA.

SE HOUBESE CAMBIOS NAS RESTRICCIÓNS SANITARIAS, AVISARÍAMOS.

ROGASE ASISTENCIA

FALAREMOS DA CONTINUIDADE DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS OU DO CESE DA SUA ACTIVIDADE.

ATENCIÓN, ASAMBLEA DE VECIÑOS… Leer más »

Visita as instalacións da AECC de Pontevedra…

Hoxe membros da directiva da Asociación de Veciños O Chedeiro estiveron de visita nas novas instalacións da AECC de Pontevedra.

A súa presidenta, Carmen Abeledo, mostroulles o novo espazo que inauguraron fai poucos días, un lugar onde será o centro de todos os servizos da AECC, a atención psicolóxica, social, logopedia, actividades, talleres, donde desenvolverán tamén programas gratuitos destinados á poboación xeral con campañas de información, prevención e formación.

Dirección: Rúa Eduardo Pondal, 64A baixo, 36003 Pontevedra.

Tlfno. 986865220

Processed with MOLDIV

Visita as instalacións da AECC de Pontevedra… Leer más »

Vai camiño de seis anos…

  1. Hoxe, 21 de novembro, se  celebra o Día Mundial da Televisión.

Dada a efemérides  quero lembrar que o próximo día 26 fai seis anos saímos na  tvg denunciando o estado da Ponte Malvar e a súa contorna. Son moitos anos de reunións, donde hai momentos onde se  dislumbra certos movementos para chegar a un acordo entre as administracións , pero ao final non dá chegado o día.

O martes pasado estiveron a limpar esta zona e tamén o tramo que está na dirección á igrexa. Pero esta limpeza non se fixo por presentar un escrito por rexistro como acostumbramos habitualmente, non, tivo que ser debido a denuncialo nos medios de comunicación. Nin vos imaxinades os escritos que presentamos o longo destes cinco últimos anos por rexistro, no 90% do que pedimos non fixeron caso.

Así funciona este país, que pena.

Vai camiño de seis anos… Leer más »

Proposta ao Concello de Pontevedra desde…

PROPOSTA AO CONCELLO DE PONTEVEDRA DESDE A ASC. DE VECIÑOS O CHEDEIRO DE CERPONZÓNS.

Dado o lamentable estado dalgúns quioscos que hai na cidade, a Asc. de Veciños O Chedeiro de Cerponzóns propón reutilizar devanditos quioscos para diferentes servizos.

Estamos seguros que nosa parroquia e nas outras, sería de moita utilidade ter un destes quioscos para utilizar as asociacións das parroquias.

É necesario aproveitar estas instalacións, unha verdadeira mágoa que se atopen nun estado de total desuso e que se lle pode dar de novo vida útil, beneficiando ás nosas asociacións culturais e deportivas.

As súas utilidades serían para beneficio de toda a veciñanza, unha idea onde podiamos usalo como exemplo, sería para aloxar libros da nosa biblioteca e poder estar máis a man daqueles veciños que viven lonxe do noso Centro Social e por varios motivos non se poden achegar habitualmente, deste xeito promoveríamos a lectura, sería un punto de recollida e de entrega.

Tamén, no noso caso,usaríamolo como lugar para informar das actividades que leven a cabo as asociacións, do mesmo xeito que sería un lugar idóneo para dar de alta aos novos sócios e cobrar os recibos das mesmas, recoller información dos problemas da parroquia, repartir publicidade relacionada con calquera actividade que teña que ver coa parroquia : Asc. Veciños, Asc. Cultural, Deporte, Asc. Comunidades de Augas, Asc. de Alfombristas, Asc. Recollida de Animais, Comisión de Festas etc.

Por outra banda, tamén sería idóneo para calquera ONG que quixese achegarse algún día á parroquia informando da súa actividade neste punto.

En definitiva, do que se trata é poder aproveitar unhas infraestructuras que nos poden dar un bo servizo e que tal como están hoxe en día é unha pena velos así.

Poñerémonos en contacto co Exc. Concello de Pontevedra para ver si é factible a nosa proposta e os quioscos puidesen ser utilizados nas parroquias ou barrios da cidade.

Proposta ao Concello de Pontevedra desde… Leer más »

O PP e a Federación Castelao manteñen unha reunión de traballo…

O PP e a Federación Castelao manteñen unha reunión de traballo

506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg
PONTEVEDRAVIVA

Por Redacción 

hai 2 horas

Representantes do Partido Popular e da Federación Castelao de Pontevedra mantiveron unha reunión de traballo para «analizar a actualidade municipal e os asuntos que afectan á cidadanía». 

A cita enmárcase en «unha serie de diálogos con diferentes axentes sociais para seguir fixando as prioridades dos nosos veciños», segundo a información trasladada polo presidente do PP local, Rafa Domínguez, que participou neste encontro xunto co concelleiro Martín Martínez.

Así, abordaron coa directiva da entidade «diferentes posicionamentos que manteñen sobre diversos asuntos» como o peche ao tráfico de Raíña Vitoria, o sistema de transporte urbano da cidade, a paralización do proxecto de peonalización de Monte Porreiro ou a reapertura do botellódromo. 

«É importante manter o pulso e abrir novas vías de diálogo cos representantes veciñal. Estar ao tanto das súas necesidades, das súas demandas e, sobre todo, poder coñecer de primeira man as súas preocupacións», declarou o popular.

Máis información : : https://pontevedraviva.com/xeral/79364/pp-federacion-castelao-mantienen-reunion-trabajo-pontevedra/

O PP e a Federación Castelao manteñen unha reunión de traballo… Leer más »

A partir do mércores poderán solicitarse de novo os permisos para realizar queimas de restos agrícolas…

Pontevedraviva :

Redacción

Por Redacción 
hai unha hora

A Consellería do Medio Rural permitirá de novo desde este mércores, día 19 de outubro, tramitar permisos para facer queimas de acordo coa normativa de aplicación, debido a que as condicións meteorolóxicas así o permiten. 

Isto significa que o día 22, venres, será o primeiro día para realizar queimas previamente comunicadas.

Polo tanto, a partir do mércores ás 00.00 horas poderanse realizar as comunicacións e solicitudes de autorización de queimas a través da web do Medio Rural. Ademais, en días laborables, tamén estará a disposición dos cidadáns o teléfono 012 para comunicar as queimas.

Así, os cidadáns que desexen queimar restos agrícolas amoreados nas zonas que determina a devandita lei nos períodos habilitados deberán comunicalo dous días antes. 

No caso de queimas de restos forestais, deberase solicitar unha autorización debido ao risco da actuación, sendo maior o proceso de tramitación. En todo caso, as autorizacións e comunicacións deixan de ter validez nos días que hai vento e altas temperaturas.

A partir do mércores poderán solicitarse de novo os permisos para realizar queimas de restos agrícolas… Leer más »