Próxima exposición da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) en Cerponzóns.
A AECC e a ASC. V. O CHEDEIRO de Cerponzóns no día mundial contra o cancro comunícanvos que próximamente inauguraremos unha exposición relacionada co 50 aniversario da Fundación Científica.
A mostra tratará dos avances que se produciron na investigación contra o cancro desde fai 50 anos.
Unha mostra que se iniciou fai uns meses, desde o 24 de setembro, Día Mundial da Investigación en Cancro, e que foi percorrendo as principais vilas galegas.
Desde a Asc. de Veciños O Chedeiro estamos convencidos de que é moi importante dar a visibilizar a investigación que leva a cabo a AECC.
Desde a Directiva da Asc. de Veciños O Chedeiro damoslle as grazas a Carmen Abeledo, Presidenta da AECC de Pontevedra, pola súa colaboracion.