Sin categoría

HOMENAXE A DIVERSIDADE

HOMENAXE A DIVERSIDADE

 

Hoxe cúmprese un ano dende que a asociación de veciños O Chedeiro, nos actos organizados polo colectivo LGBTI, rendeulle homenaxe póstuma a Juanito, un veciño noso de Pidre (Cerponzóns), que padeceu a represión, os abusos e a intolerancia dunha sociedade que non aceptaba a disidencia sexual.

 

Aquela homenaxe realizouse na Praza da Peregrina, onde precisamente este ano será homenaxeada Mª del Carmen del Valle, máis coñecida como a Señorita Carmiña. Carmiña, que tamén foi veciña de Cerponzóns, viviu unha época de profunda represión durante a ditadura franquista. A súa orientación sexual ía a contracorrente naqueles tempos e, ao non encaixar nos cánones estéticos e de conduta do franquismo, acabou refuxiándose na soidade.

Dita homenaxe será o día 28 de Xuño.

 

Estas homenaxes son fundamentais para lembrar e valorar o respecto aos homosexuais e lesbianas, recoñecendo o sufrimento e a valentía de persoas como Juanito e Carmiña. Ambos foron pioneiros na loita pola diversidade sexual e polos dereitos que hoxe seguimos defendendo. A súa memoria invítanos a seguir traballando por unha sociedade máis inclusiva, onde todas as persoas sexan respectadas e valoradas, independentemente da súa orientación sexual.

 

É importante que como veciños e veciñas recoñezamos e agradezamos a contribución destas persoas á nosa comunidade. A súa loita non foi en balde e hoxe, grazas a eles, podemos celebrar e defender a diversidade. Que o exemplo de Juanito e Carmiña siga inspirándonos a construír un futuro mellor e máis xusto para todos e todas.

42 ANIVERSARIO

42 ANIVERSARIO

Hoxe, 9 de xuño de 2024, conmemoramos o 42 aniversario dun acordo histórico que marcou un antes e un despois na nosa comunidade. Foi nesta mesma data, no ano 1982, cando a Asociación de Veciños se reuniu para tratar a ubicación dun Campo de Fútbol na nosa parroquia, coa colaboración da Federación de Fútbol.


Aquel día, tras un debate frutífero e construtivo, tomouse o acordo por maioría absoluta de ubicar o campo de fútbol, unha decisión que contou co apoio maioritario dos veciños. Este feito non só significou a creación dun espazo deportivo, senón que tamén reforzou o espírito de comunidade e cooperación entre a maioría da veciñanza.


Naquel tempo, a Asociación de Veciños estaba presidida por D. Juan Manuel Fernández, un home comprometido co desenvolvemento e benestar da parroquia. Tamén xogou un papel fundamental D. Francisco García, presidente da Xunta Provisional de Montes.


Hoxe, ao lembrar aquel momento, queremos agradecer a todas as persoas que participaron e fixeron posible este acordo, entre eles, aos directivos da Asociación de Veciños: D. Rogelio Castro, D. José Maquieira é D. Rogelio Cons, así coma os vocais de Montes: D. Juan Pérez é D. Manuel García.

Grazas ao seu esforzo e dedicación, temos hoxe un campo de fútbol que serve de punto de encontro e de fomento do deporte para todas as xeracións.


Que este aniversario sirva para renovar o noso compromiso co traballo en comunidade e para seguir avanzando na mellora da nosa parroquia, sempre con espírito de unión e colaboración.

PEDIMOS A LIBERALIZACIÓN DAS ITV

PEDIMOS A LIBERALIZACIÓN DAS ESTACIÓNS DE I.T.V.

Desde a Confederación Galega de Asociacións Veciñais “Rosalía de Castro” – CoGaVe, representante do Movemento Veciñal de Galicia a través das súas Federacións de Asociacións Veciñais, entre as que se encontra a Federación de Asociacións Veciñais de Pontevedra “Castelao”, manifestamos a nosa preocupación ante a pervivencia, na nosa Comunidade Autónoma, dun dos monopolios que con máis intensidade grava e afecta directamente ós/ás veciños e veciñas galegos/as: a Inspección Técnica de Vehículos – I.T.V.


Desde a CoGaVe propoñemos a liberalización, como medida alternativa, e que poidan ser habilitados como puntos de exercicio ou estacións de I.T.V. os concesionarios oficiais e talleres de vehículos que así o desexen, sempre e cando conten cos recursos de equipamento humano e técnico para iso. A este respecto, tamén, instamos e solicitamos ás Administracións, que ademais de exercer as labouras de control e supervisión de ditos puntos e estacións, ofrezan tamén o correspondente soporte económico que permita dita actividade, dotando do necesario equipamento técnico e humano ós concesionarios e talleres oficiais que desexen exercer esta actividade.


A fin dos monopolios, que reclamamos desde a nosa entidade -e, matizamos, é solicitada tamén por parte da Comisión Europea-, é beneficiosa para o conxunto da sociedade, xa que implica competitividade, co conseguinte incremento na calidade dos servizos prestados, toda vez que supón un abaratamento directo dos custos que o/a cidadán/a debe asumir -xa que, lembramos, a I.T.V. é un proceso de obrigado cumprimento para todo/a condutor/a-.

5° CONCURSO DE ESPANTALLOS

Desde a AVV O Chedeiro convocamos á veciñanza de Cerponzóns ao quinto concurso de Espantallos. Como nos anteriores anos, os Espantallos terán que estar expostos a partir do mes de Abril é ata o último día de Maio.

Para levar a cabo a elaboración dos espantallos, os participantes só poderán utilizar materiais como envases e botellas de plásticos, latas de refrescos, tapóns, bolsas de plástico, arames, papel,  roupa usada…

Para participar poñerse en contacto coa asociación chamando ou no wasap do teléfono 628387430 ou no correo: aavv.chedeiro.cerponzons@gmail.com

 

8M. DIA DA MULLER. Andrea Cascallar Fuentes

Desde hai uns anos, na Asociación de Veciños O Chedeiro, quixemos sumarnos aos actos para celebrar o día 8 de marzo facendo un pequeno recoñecemento cada ano a unha veciña. 

Desde o primeiro momento tivemos claro que non estariamos faltos de candidatas, pois as vidas de moitas das nosas veciñas non dista moito da de tantísimas mulleres ás que a vida non llo puxo fácil, pero sairon adiante e hoxe todos podemos motivarnos coas súas historias de superación. En poucos minutos xa tiñamos en mente varios nomes para os primeiros anos.

O primeiro ramo de flores foi para nosa veciña Irene quen, moi nova e ao pouco de quedar viúva, pasou de ser nai dunha nena a ser nai de seis ao quedar orfas de nai moi pequeniñas as súas cinco sobriñas.

O segundo ramo xa case case estaba adxudicado, pero houbo sorpresas. A nosa precandidata vai ter que esperar un pouquiño polo seu ramo porque ao coñecer a noticia de que a nosa veciña Andrea Cascallar fora a primeira muller española en recibir o Eusflat Best PhD Thesis Award a mellor tesis de Europa polo seu traballo no CiTIUS, tivemos claro que este ano tiña que ser para ela.

A Irene e Andrea sepáranas uns 50 anos e obxectivos moi diferentes, pero úneas unha fortaleza e perseveranza que, pola motivación que nos contaxian a todas e todos, ben merecen ser recoñecidas.

Esta tarde, unha vez máis, o pracer foi meu como representante da comunidade veciñal e, sobre todo, como muller, de lembrar a outra muller que o seu esforzo e valía refórzanos a todas.

Andrea Cascallar Fuentes (Cerponzóns, Pontevedra, 1993) graduouse en Enxeñería Informática pola Universidade de Santiago de Compostela, no 2015.

Tras completar os seus estudos, acaba de gañar o Eusflat Best PhD Thesis Award. Ademais do prestixio que otorga ser merecedora deste premio, coñecido como o Óscar das teses doutorais, Andrea suma o orgullo de ser a primeira muller española en conseguilo e a terceira de Europa.

O premio acabado por Andrea foi concedido pola Sociedad Europea de Lógica Difusa y Tecnología para galardoar á mellor de todas as teses presentadas. Unha tese sobre o desenvolvemento, a investigación e a publicación de Protoformas cuantificadas borrosas para sistemas data-to-text realizada entre 2018 e 2022 no CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago).

Actualmente traballa, como científica de datos, desde o mes de outubro de 2022 na sede galega da multinacional estadounidense DXC Technonology.

A doutora Andrea Cascallar, realiza traballos de consultoría e servizos de tecnoloxía da información.

 

EN DEFENSA DA VECIÑANZA

Supresión trabas burocráticas

CONFEDERACIÓN GALEGA DE ASOCIACIÓNS VECIÑAIS “ROSALÍA DE CASTRO”

(COGAVE)

A CoGaVe esiximos unha Administración ó servizo

da cidadanía -e non ó revés-.

Dirixido a:

• O Sr. Presidente da FEGAMP – Federación Galega de Municipios e Provincias, D. Alberto Varela Paz.

• O Sr. Presidente da Excma. Diputación provincial de A Coruña, D. Valentín González Formoso.

• O Sr. Presidente da Excma. Diputación provincial de Lugo, D. José Tomé Roca.

• O Sr. Presidente da Excma. Diputación provincial de Ourense, D. Luis Menor Pérez.

• O Sr. Presidente da Excma. Diputación provincial de Pontevedra, D. Luis López Diéguez.

• O Sr. Conselleiro de Presidencia -e de Xustiza e Deportes e Vicepresidente primeiro- da Xunta de Galicia, D. Diego Calvo Pouso.

• O Sr. Delegado do Gobierno de España en Galicia, D. Pedro Blanco Lobeiras.

•A Sra. Valedora do Pobo de Galicia, Dna. María Dolores Fernández Galiño.

 CONFEDERACIÓN GALEGA DE ASOCIACIÓNS VECIÑAIS “ROSALÍA DE CASTRO”

(COGAVE)

Desde a Confederación Galega de Asociacións Veciñais “Rosalía de Castro” – CoGaVe, entidade que representa ó Movemento Veciñal a nivel de toda Galicia, con implantación nas 4 provincias galegas a través das súas Federacións de Asociacións Veciñais membro -Federación provincial de Asociacións Veciñais “Lucus Augusti” de Lugo, Federación provincial de Asociacións Veciñais “Limiar” de Ourense, Federación de Asociacións Veciñais “Eduardo Chao” de Vigo, Federación de Asociacións Veciñais de A Coruña e Área Metropolitana, Federación de Asociacións Veciñais “O Facho” de Cangas do Morrazo, Federación de Asociacións Veciñais “Roi Xordo” de Ferrol e Federación de Asociacións Veciñais de Pontevedra “Castelao”, reclamamos á Administración – pertencente á calesqueira das súas escalas: estatal, autonómica e local-, unha necesaria e urxente reformulación da súa relación coa cidadanía.

Desde a nosa entidade, a CoGaVe, representante dos/as veciños e veciñas de Galicia, e tanto dos seus núcleos urbáns como das zonas rurais, consideramos inadmisible en todo punto o feito de que en pleno ano 2024, e xa transcorrida, afortunadamente, a etapa de pandemia e post-pandemia pola Covid19 que, sen dúbida, modificou obrigatoriamente, e a fin de preservar a seguridade sanitaria -e a Vida, en definitiva-, das persoas, os hábitos e costumes das mesmas, incluíndo, por suposto, a participación nos trámites administrativos e burocráticos, que en ningún caso deixaron de ser obrigatorios, e, en cambio, se sigan mantendo as citas previas como método ineludible para o acceso ás instalacións das diferentes Adminitracións.

Asimesmo, e a este respecto, non entendemos, desde a CoGaVe, que iniciado xa o ano 2024 -atopámonos xa a mediados do mes de febreiro-, siga sen recuperarse a presencialidade na atención ó/á cidadán/a que acode a unha Administración para realizar un trámite ou trámites ós que a propia Administración lle obriga, pero para os que non lle facilita axuda nin tampouco o máis básico: que sexa unha persoa quen lle escoite e atenda a súa solicitude. Asistimos, lamentablemente, á época de maior grado de deshumanización da Historia pese a ter atravesado unha pandemia que, lonxe de converter á sociedade en máis empática, parece ter obrado o efecto diametralmente oposto.

Por se fose pouco o anteriormente relatado, atopámonos tamén ante a etapa de maior incremento de carga burocrática cara o/a cidadán/a. Neste punto, cabe engadir tamén que, segundo a propia Lexislación vixente -concretamente, Ley 39/2015 de Procedemento Administrativo, no seu art. 28.2- todo documento que obre en poder da Administración no poderá ser solicitado por ésta ó/á administrado/a novamente. Cuestión, ésta última, que dista moito de cumprirse na actualidade, coas consecuencias directas dunha notable ralentización en tódolos procesos administrativos tanto de particulares como de entidades.

En resumo: a cidadanía vese sumida en procesos cuasi-eternos que, lonxe de solucionar o seu problema, o único que logran é incrementalo.

A tenor de todo o descrito nos parágrafos anteriores, desde a CoGaVe consideramos esixible que a Administración estea obrigada a responder directamente a toda solicitude ou cuestión presentada ou plantexada oficialmente pola cidadanía, tamén para os procesos non estandarizados nin regulados; e facelo, ademáis, nun prazo razonable de tempo e prefixado de antemán por Ley.

En definitiva, desde a CoGaVe esiximos unha reformulación urxente da relación da Administración coa cidadanía, que poña fin á burocracia masiva -e crecente- que na actualidade convirte en inoperativa e ausente a eficiencia na xestión, por parte da mesma, da atención ós/ás veciños e veciñas; e, por ser o ámbito que nos compete como entidade, dos/as galegos e galegas, e de quenes acoden a esta Comunidade Autónoma.

Esiximos, por tanto, desde esta entidade, a CoGaVe, representante do Movemento Veciñal de Galicia, a simplificación dos trámites burocráticos -incluíndo a eliminación dos mesmos nos numerosos casos en que sexa factible, cumprindo a Ley 39/2015, de Procedemento Administrativo, e máis concretamente, a este respecto, o seu art. 28.2, arriba mencionado, que establece que toda documentación que obre en poder da Administración non poderá ser novamente reclamada por ésta ó/á administrado/a-.

Ademáis, esiximos que exista obrigatoriedade de resposta por parte da Administración, independentemente de que o procedemento estea ou non regrado ou estandarizado.

Esiximos, en definitiva, e por fin, unha Administración ó servizo da cidadanía -e non ó revés-.

Xunta Directiva da Confederación Galega de Asociacións Veciñais “Rosalía de Castro” – CoGaVe.

Mércores, 28 de febreiro de 2024.

A FALTA DE SERIEDADE DE MONBUS

 

 

FALTA DE SERIEDADE DE MONBUS COA VECIÑANZA DE CERPONZÓNS.

 

Desde o mes de Marzo do 2020, e despois de máis de 30 anos reclamando, a parroquia de Cerponzóns conta con tres paradas de autobús ó longo da  Liña 4 que une Casa Falcón coa Estación de Autobuses pasando por Alba e Lérez. 

 

As nosas paradas están situadas nos lugares de Pidre, Rons (xunto a Ponte Malvar) e Tilve.

 

O que ó principio foi unha satisfacción para gran parte da veciñanza, pois non foi posible que chegase ata o lugar da Ermida e contentar a todos, non tardou en mudar en decepción e desperación.

 

Desde o primeiro momento os veciños comenzamos a notar a falta de cumprimento co horario, a desesperarnos nas paradas esperando un autobús que chega tarde ou que pasa por diante de nos saltando a parada.

 

Desde a Asociación de Veciños O Chedeiro de Cerponzóns recibimos queixas constantes de veciños e veciñas que padecen esta falta de seriedade, pois Monbus ofrece un servicio, pero da outro que non permite ós veciños usar o autobús público por non estar seguros de chegar ó seu traballo, compromiso ou enlaces con outras liñas como, por exemplo, a de subida ó hospital Montecelo para unha cita médica.

 

Reclamamos ás Administracións competentes que revisen con Monbus o cumprimento do contrato, pois ¿de que vale ter un autobús de liña circulando pola estrada valeiro porque os cidadáns non poden confiar no seu uso?

 

Estamos fartos de recibir palabras de disculpa por parte da empresa e faltos de ver feitos e solucións.

 

O reiterado incumprimento do contrato xa cheou para nos ó grado de inadmisible.

 

Esperamos a implicación da Xunta de Galicia e do Concello de Pontevedra con mais compromiso do que ten demostrado a empresa ata o de agora. 

Que teñan en conta o limitante que é está situación para os veciños que non teñen opción de desplazarse no seu coche particular, sendo na sua maioria a rapazada e os nosos maiores, estes últimos esquecidos a miudo polas Administracions como si as súas necesidades non foran igual de importantes que as dos demais contribuintes.

 

AVV O CHEDEIRO de Cerponzóns.

RESUMEN ANO 2023

ANO 2023 RESUMEN

AVV O CHEDEIRO

PLANTACIÓN FILLO CARBALLO DE STA. MARGARIDA-O TOQUE CAMPÁS-FESTIVIDADE PATRÓN COS GAITEIROS-VISITA MATRIMONIOS QUE CUMPLEN AS BODAS DE OURO-FACER INVENTÁRIO-MANIFESTACIÓNS A FAVOR DA SANIDADE PÚBLICA- REUNIÓNS RELACIONADAS COA AXENDA URBANA 2030-PREPARACIÓN DA GRABACIÓN DO DOCUMENTAL-ACTO HOMENAXE VILLA DE PITANXO- VARIAS COLABORACIÓNS-ASISTENCIA A XORNADAS RELACIONADAS COA LEI DE RESIDUOS-ASISTENCIA A CHARLAS INFORMATIVAS RELACIONADAS COA IMPLANTACIÓN DO COCHE DE PUNTO-HOMENAXE A IRENE FERNÁNDEZ-ASISTENCIA AS XORNADAS DE PROPONTE-PARTICIPACIÓN NO CONCURSO BÓTALLE UN CONTO-ASISTENCIA AS REUNIÓNS SOBRE PARQUES EÓLICOS-PETICIÓNS DE ARRANXOS-AISTENCIA A REUNIÓNS DA FFVV CASTELAO-COLABORACIÓN DA DISCOTECA LA LUNA-DIVERSAS REUNIÓNS CON VECIÑOS, AUTORIDADES ETC.-PRESENTACIÓN DE DIVERSAS DENUNCIAS-ASISTENCIA A XORNADAS DE PSICOMETRÍA-VISITAS GUIADAS-ASISTENCIA A VÁRIOS ACTOS-PARTICIPACIÓN A VARIAS CONCENTRACIÓNS- ESTRENO DO DOCUMENTAL Á NOSA AUGA-ENTREGA DE REVISTA RELACIONADA COS MANANTIAIS-ASISTENCIA A MANIFESTACIÓNS BANCOS-ASISTENCIA A CHARLAS RELACIONADAS COS CAMPANEIROS-HOMENAXE A NINO BRAVO-CONTACTOS COA TVG-COLABORACIÓN CO MES DA LÍNGUA-CONCURSO DE ESPANTALLOS-HOMENAXE PÓSTUMO A JUAN UCHA-FESTIVIDADE DE CORPUS COS GAITEIROS-VISITA AOS NENOS É NENAS QUE FIXERON AS COMUÑÓNS-ANDAINA PARA RECOLLER AS HERBAS DE SAN XOÁN-EXCURSIÓN AO CONVENTO DE SANTA CLARA- PETICIÓN DE CORTAS-REVISIÓN COLOCACIÓN LUCES LED-ENTREGA PREMIOS DE CONCURSO DE ESPANTALLOS-ENQUISA A VECIÑOS- DIVERSAS ENTREVISTAS-VISITA A DEPUTACIÓN-PREVIAS AO CTO. DE TRIATLÓN-RECEPCION E XESTIÓN DE  QUEIXAS- VISITAS A VIAQUA EN RELACIÓN CO ALCANTARILLADO- VISITA A XEFATURA DE CARRETERAS-QUEIXAS A MONBUS-LISTADOS-ASISTENCIA A XORNADA RELACIONADA COS ANTIGOS PALCOS DE MÚSICA-LIMPEZA RÍO-RODA DE PRENSA EN RELACIÓN AO APARCAMENTO MONTECELO-COLOCACIÓN FIBRA NO CENTRO SOCIAL-VISITA A VECIÑOS-REPOSICIÓN DE CONTENEDORES-RECLAMACIÓN DE POSTES TELEFÓNICA-PROTESTAS, AVISOS AOS MÉDIOS ETC. EN RELACIÓN A TRÁFICO POR LEBOREI-PETICIÓN DE PERMISOS-INVITACIÓN A FESTA HQR-VISITA DA NOVA CONCELLEIRA A PARROQUIA- ASAMBLEA VECIÑOS-PRESENTACIÓN DE 25 PROPOSTAS PARA O 2024

PROXECTO PALCOS

PROXECTO PALCOS

PROXECTO PALCOS.

 

A Asociación de Veciños O Chedeiro sumouse a ésta iniciativa para contribuir ao coñecemento sobre a cultura popular galega a partir do estudo da materialidade das verbenas e das festas parroquiais no territorio galego, atendendo á importancia simbólica que se lles confire como elementos configuradores das relacións de sociabilidade e pertenza ao territorio, desenvolvendo unha nova liña de traballo no INCIPIT que vincule etnografía, arqueoloxía e investigación artística.

 

O proxecto PALCOS conta cun equipo de traballo composto por investigadoras e investigadores de diversas institucións nacionais e internacionais. O grupo motor constitúeo un conxunto de antropólogas e arqueólogas do Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT, CSIC) con ampla experiencia no estudo dos procesos de patrimonialización, a arqueoloxía do mundo contemporáneo e  a arqueoloxía da paisaxe. Este grupo está liderado por Iñigo Sánchez-Fuarros(IP do proxecto) e inclúe a Cristina Sánchez-Carretero, Laura Muñoz Encinar, Candela Morado, Cristina Incio del Río, Víctor del Arco, Fátima Rodríguez Porto e Paula Sánchez Carrera.

Ademais, o equipo conta tamén coa participación da antropóloga Lee Douglas (Goldsmith, University of London), o arquitecto Pablo Arboleda (CCHS, CSIC), a artista sonora Matilde Meireles (University of Oxford), o geógrafo Daniel Paiva (Universidade de Lisboa), o fotógrafo Luis Díaz Díaz e o filólogo Zósimo López Pena (Universidad de Santiago de Compostela).

 

O día 23 de Outubro pasado unha representación da directiva do Chedeiro, asistiu a un obradoiro realizado en Valga.

Neste obradoiro presentaron as bases do proxecto de investigación que pretende localizar, catalogar e documentar os palcos da música construídos en Galicia a partir da década dos 70, así como recoller as historias, memorias e relatos que circulan ao redor deles. Xenerouse un espazo de diálogo onde, a través dunha dinámica participativa, compartimos coñecementos e experiencias sobre estas construcións, os seus usos sociais e as transformacións que tiveron ao longo do tempo. Achegarénnos á ferramenta de mapeamento dixital do proxecto para colaborar na procura e identificación de palcos polo territorio galego.

 

Desde O Chedeiro pedimoslle a veciñanza a súa colaboración, aportando fotos, recordos, anécdotas etc. que teñan relación co palco da nosa parroquia ou de outras que coñozcan.

Muitas grazas.